27 enero 2009

Reta el PP a la conselleira Gallego para que se deje de palabrerías y lo prometido lo ponga en el DOG

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A candidata do PPdeG ao Parlamento de Galicia Rosa Quintana insta á conselleira de Pesca a publicar no Diario Oficial de Galicia, como se veu facendo tradicionalmente, unha orde na que se recollan os valores microbiolóxicos rexistrados nas oitos zonas de marisqueo que a Xunta pretende de recalificar. Só publicando a decisión no DOG se daría carta de natureza xurídica a esa recalificación, ao tempo que demostraría que non se trata dunha medida electoralista e de cara á galería, como interpretan numerosos profesionais do sector .

Rosa Quintana teme que Carmen Gallego non se atreva a dar respaldo legal a decisión, polo que a intervención da Xunta podería limitarse a dictar unha resolución asinada por un director xeral da Consellería, sen publicar disposición algunha no DOG, o que sumiria aos mariscadores na incerteza.

Para o PPdeG resulta sorprende que a Xunta atribúa a recalificación sanitaria dos bancos marisqueiros a unha hipotética mellora da calidade das augas das rías galegas, tendo en conta que as tres únicas áreas do litoral que pasan a ser catalogadas como zonas A, e polo tanto poderán comercializar directamente o seu marisco, están situadas fóra das rías. É dicir, lonxe dos supostos efectos beneficiosos das depuradoras de augas residuais.

MANOBRA PARA GAÑAR TEMPO

Con todo, o PPdeG teme que detrás do anuncio de reclasificación da calidade microbiolóxica dos bancos marisqueos non se agoche máis ca unha manobra da Consellería de Pesca para gañar tempo ante un sector que leva catro anos sofrindo directamente o fracaso da xestión do departamento que dirixiu ata o de agora Carmen Gallego, como xa fixo noutra ocasión.

Como exemplo desas prácticas, o PPdeG recorda o gran acto organizado por Carmen Gallego en 2006 en Vilagarcía para presentar en sociedade a denominación de orixe protexida do mexillón galego. Sen embargo, Pesca non foi capaz de publicar o regulamento da DOP ata 2008, se ben a día de hoxe, case tres anos despois da presentación inicial, aínda non foi comercializado un só mexillón desa denominación de orixe protexida.