VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, dependente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), atendeu dende a mañá de hoxe 1.000 chamadas, das cales 502 motivaron a mobilización de recursos de emerxencias, na maioría dos casos, por mor do episodio meteorolóxico adverso de nivel vermello que está a afectar á Comunidade autónoma de Galicia, especialmente ás provincias da Coruña e Lugo.
O maior número de incidencias xestionadas dende o 112 Galicia estiveron relacionadas coa caída de árbores, postes de luz, anegamentos en estradas e rúas, paneis informativos e desprendementos de terra e pedras. A provincia da Coruña foi a que rexistrou o índice máis alto de incidentes, seguida de Pontevedra, Ourense e Lugo. Vedra, Laxe, Oleiros, Padrón, Vimianzo, Cerceda, Laracha, Rianxo, Aranga, Val do Dubra, Santa Comba, Santiago de Compostela, Arzúa, Curtis, Teo, Negreira, Outes, Paderne, Ames, Bergondo, Ordes, Coirós, Moeche e Ribeira son algúns dos concellos que se viron afectados polo temporal na provincia da Coruña. En Pontevedra, localizáronse incidencias nos municipios do Porriño, Soutomaior, Pontevedra, Cerdedo, Campo Lameiro, Vila de Cruces, As Neves, Redondela, Baiona e Caldas de Reis. En Ourense, víronse afectados Padrenda, Pobra de Trives, Ourense, Nogueira de Ramuín, Ribadavia, Monforte, Sandiás, Toén e San Cibrao das Viñas. Por último, en Lugo, rexistráronse incidentes en Begonte, Pantón, Monforte, O Valadouro, Friol e Sarria.
Doutra banda, a Axencia Galega de Emerxencias quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construcción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Así mesmo, aconséllase evitar calquera tipo de desprazamento e, no caso de ter que facelo, informarse do estado das vías. Tamén se recomenda non achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos e consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.