VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O anuncio do presidente da Xunta de presentar unha nova queixa formal ante o Goberno central logo do colapso rexistrado onte na Autoestrada do Atlántico e na Autovía do Noroeste é interpretado polo PPdeG como unha burla ao conxunto da sociedade galega, que sofre en carne propia os efectos do nulo peso político de Touriño, tanto en Galicia como fóra da Comunidade.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, apunta que os catro anos de Goberno bipartito evidenciaron con claridade que as protestas do presidente da Xunta ante Fomento acaban sempre no cesto do lixo dese Ministerio.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, apunta que os catro anos de Goberno bipartito evidenciaron con claridade que as protestas do presidente da Xunta ante Fomento acaban sempre no cesto do lixo dese Ministerio.
A reclamación de Touriño despois das nevadas rexistradas hai mes e medio non impediu que se volvesen rexistrar colapsos na rede viaria galega de alta capacidade, do mesmo xeito que as súas xestións tampouco conseguiron desbloquear as obras de ave, as autovías anteriores nin ningunha outra actuación dependente do departamento que dirixe Magdalena Álvarez, recorda o deputado popular.
“As protestas de Touriño non serviron sequera para mobilizar unha máquina quitaneves”, lamenta Ruiz Rivas á vista dos acontecementos rexistrados onte en Galicia.
“En lugar de ocuparse de facilitar o día a día dos galegos e velar polo correcto funcionamento dos servizos públicos –engade Ruiz Rivas-, Touriño leva semanas inmerso nunha frenética campaña electoral pagada con cartos de todos os galegos, xa que é consciente de que as urnas o van desaloxar de Monte Pío o vindeiro 1 de marzo, e precisa tamén facerlle un oco a María José Caride, visto o rexeitamento xeneralizado que xera entre as filas do PSOE”.