MOS (MORRAZO-tribuna).- Esta fin de semana rexistráronse, provocados pola tormenta de auga e vento que asediou a comunidade autónoma galega, desprendementos nalgúns dos taludes existentes nas obras do polígono empresarial mosense da Veigadaña. Ditos desprendementos de terra invadiron a calzada e as cunetas do vial municipal perimetral, Petelos-Estivada-As Baloutas, que linda co campo de fútbol das Baloutas.
Os desprendementos produciron que a estrada permanecese cortada ó longo de todo o domingo. Ante o ocorrido a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou hoxe que “estes desprendementos veñen a demostrar a deficiente contención dos taludes que denunciabamos dende o Partido Popular de Mos”. Deste xeito, a rexedora local esixiulle a Xestur “que extreme as medidas de seguridade e que os seus técnicos se despracen ata as obras da Veigadaña para revisar o estado de tódolos taludes e das cunetas que recollen e canalizan as augas pluviais”. Así Arévalo, feitas as xestións pertinentes, anuncia que se reunirá xa esta semana con técnicos municipais e de Xestur, conxuntamente coa xerente de Xestur, para comprobar a contención e solidez dos taludes que, “tal e como o tempo viu demostrando, non eran o óptimas que deberían ser”.
Polo momento, varias máquinas dotadas de palas, propiedade de Xestur, procederon hoxe á retirada da terra que invadía o asfalto e as cunetas. Técnicos municipais informaron de que a causa dos desprendementos foi que a elevada carga de auga que soportaron os taludes filtrouse causando que a terra se desprendese. Nalgunhas zonas da mencionada vía as cunetas que conducen as aguas pluviais sufriron tamén roturas a causa do temporal.
Outros incidentes
Dende o pasado venres ó mediodía, tendo en conta as previsións meteorolóxicas para a fin de semana, o Concello de Mos puxo en marcha un dispositivo de emerxencia integrado por cinco persoas: catro operarios dirixidos polo concelleiro de Limpeza, Alberto Méndez Lago. Dito dispositivo acudiu a tódolos incidentes rexistrados no municipio a causa do temporal, e adicouse a limpiar e acondicionar os viais que quedaron interrumpidos por árbores caídos, maioritariamente.
Méndez Lago informou hoxe dos accidentes máis destacados da fin de semana que foron: varios árboles caídos, un na estrada Petelos-Pereiras, outro na Candosa que aplastou un coche causando tres feridos (un pai e as súas dúas fillas que viaxaban dentro), e outro na Veigadaña. Un poste de corrente eléctrica caeu sobre un tellado en Herville, parte do muro do campo de fútbol das Baloutas caeu tamén, e tamén o fixo o peche dunha vivenda particular en Louredo.
O edil de limpeza anunciou ademais esta mañán que próximamente visitará, acompañado por un técnico da Xunta de Galicia, tódalas zonas da localidade mosense afectadas polo temporal para analizar os danos e buscarlles solución ás posibles consecuencias causadas polos mesmos.