22 enero 2009

Como preveíamos : el vídeo "Eu son
Anxo Quintana" arrastra a miles

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A campaña de vídeo viral "Eu son Anxo Quintana" está a ser un éxito sen precedentes. Dende que se lanzou á rede o 16 de xaneiro, en só cinco días superou 25.000 visualizacións, das cales máis de 15.000 foron a través da páxina Quin.TV e as 10.000 restantes foron grazas á difusión que deron os propios internautas a través dos seus blogs, perfís en Facebook e en Youtube, plataformas como Zappinternet ou Milinkito, prensa dixital como MORRAZO-tribuna (onde foi todo un éxito de visitas desde que apareceu na fin de semana pasada), ou a canle TeleBNG.

Un bo indicador do seu éxito é que xa foi obxecto de parodias, a favor e en contra, que se poden atopar no Youtube. O vídeo reinterpreta, con moito sentido do humor, unha coñecida escea do filme Spartacus, dirixido por Stanley Kubrick, con Kirk Douglas no papel principal. Foi dirixido por Antón Reixa e nel aparecen actores como Isabel Martínez, Manuel Oliveira, ou José Manuel Rodríguez “Isi”

Facebook

Tamén leva unha semana aberto na rede social Facebook o perfil de Anxo Quintana, e nese curto período de tempo 800 usuarios quixeron facerse amigos del. Alí publica fotos e videos non só da precampaña senón tamén de balance da lexislatura que remata co BNG no Goberno.

Quintana foi o primeiro político galego en ter un videoblog

Dende o seu lanzamento o 6 de setembro de 2008. Quin.TV leva publicados 130 vídeos coas actividades e declaracións do portavoz nacional do BNG, así como as opinións que a xente da rúa ten de Anxo Quintana, e mesmo videopreguntas dirixidas a el sobre os máis diversos temas e que o mesmo Quintana contestou coa súa webcam, como seguirá facendo periodicamente.

Ao contido xerado por Quintana hai que sumarlle o que deixaron os internautas neste tempo a través dos comentarios, que son máis de 300. Así mesmo, os usuarios rexistrados en Quin.TV son xa máis de 400. - Nos seus primeiros catro meses e medio de vida, Quin.TV contabilizou 140.000 páxinas vistas e 43.000 visitantes únicos. Nos últimos tempos a media de visitas diarias situouse nos 1.400 visitantes únicos e 3.900 páxinas vistas cada día.



A implicación do BNG e de Anxo Quintana coas novas tecnoloxías da comunicación foi recoñecida por distintos expertos na rede. Así, Saül Gordillo escribe en Vilaweb un artigo titulado “Cibercandidato Anxo Quintana”: O líder nacionalista Anxo Quintana vai coma unha moto na rede. A cibercampaña do BNG pasa polo vídeo "Eu son Anxo Quintana". Ese é o eslogan deste vídeo de precampaña en Quin TV e tamén dispoñíbel na canle do BNG en YouTube. Videocampaña para un gobernante e candidato que coidou a rede (mantendo un blog, por exemplo) durante a primeira lexislatura de bipartito anti-PP. A diferencia doutros candidatos que ao chegar ao goberno abandonan a rede [Por que os gobernantes desatenden as súas webs e blogs?]. A graza do seu videoblog é que mantén o diálogo, a través de videopreguntas dos cidadáns. Bidireccionalidade en tempos de discursos únicos e liderados a golpe de eslogans e anuncios".

Tamén no seu día Juan Varela, no seu blog periodistas21 destacou a calidade de Quin.tv: “Quin.tv inclúe ferramentas para compartir os vídeos e descargalos en alta definición. Un luxo periodístico e propagandístico”.

Canle TeleBNG de Youtube

A canle de Youtube do BNG (www.youtube.com/telebng) conta xa con case 300 subscriptores e tivo máis de 45.000 visitas á canle. Os vídeos máis vistos superan as 5.000 visitas. TeleBNG multiplica sobradamente ás visitas das canles de Youtube do PPdeG e do PSdeG-PSOE.