MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- O tenente de Alcalde de Moaña, Víctor Pastoriza (PSOE) anunciou que na comisión informativa deste mercores "daremos todo tipo de detalles das inversións sinalidas polo grupo municipal do Partido Socialista correspondentes o fondo estatal de inversión local. Esperamos que para esa data estean xa aprobadas polo Map. Avanzo que as inversións están dirixidas a reforma do frente marítimo entre a Ramona e o barco-parque , onde esperamos conseguir un gran aparcamento, unha praza que contará cunha peza-escultorica singular, futura referencia turística para Moaña, e ordear a zona dos parques infantis. Destinaremos tamén unha partida importante o alumeado público, acometeremos importantes obras de mellora dos parques infantis do Concello e levaremos a cabo unha importante actuación na ordenación dos aparcamentos. De igual maneira actuaremos tamén nas sufridas e danadas beirarruas do concello. Esperamos así dar todo tipo de detalles na comisión informativa de servizos e mobilidade do vindeiro mercores", dixo Pastoriza.