23 enero 2009

Finalmente : desde el lunes habrá
TDT en A Guarda y O Rosal

A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O Concello da Guarda comunica que, según informacións facilitadas por Abertis Telecom, o próximo luns día 26 completarase a emisión da TDT para os concellos da Guarda e do Rosal.
O comenzo da emisión dixital das televisións privadas logrouse despois de meses de xestións. As primeiras conversas mantivémolas coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual que posibilitou os contactos coa empresa encargada do despregue da TDT a nivel nacional, Abertis Telecom, para lograr unha pronta implantación da Televisión Dixital na Guarda.
A previsión inicial de instalación da TDT no monte Trega contemplabase na última fase. Froito dos esforzos feitos por tódalas partes (Dirección Xeral, Abertis e Concello) os prazos acurtáronse ostensiblemente e a emisión será posible o vindeiro luns.
"Dende o Concello tiñamos claro que debíamos lograr a máis pronta implantación da TDT. En primeiro lugar, por unha cuestión de responsabilidade de goberno, e en segundo lugar, porque na Guarda dábase unha circunstancia agravante, non recibimos a Sexta en emisión analóxica", explicó el alcalde Domínguez Freitas.