VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os desprendementos rexistrados hoxe na autovía da Barbanza, ao seu paso polo concello de Dodro, evidencian, en opinión do PPdeG, as carencias de seguridade que presenta o trazado e que foron denunciadas en reiteradas ocasións durante os últimos meses polos populares galegos.
Para o portavoz parlamentario dos populares galegos, Manuel Ruiz Rivas, non é de recibo que desprendementos como os rexistrados hoxe se produzan a escasas datas da inauguración oficial do trazado, coincidindo coas primeiras precipitacións intensas deste inverno.

O deputado popular vincula os desprendementos coas carencias denunciadas durante a execución do vial, que tamén quedaron de manifesto noutros tramos, como as enchentes producidas pola ausencia de canalizacións axeitadas para as escorrentías ou problemas de acceso para núcleos habitados situados nas inmediacións da autovía.
Entre outras anomalías durante o proceso de execución das obras, Ruiz Rivas recorda que o control de calidade das mesmas foi efectuado por unha filial da empresa adxudicataria, feito que xa no seu momento espertara as sospeitas do PPdeG.