26 enero 2009

El PP cree que la actuación de la Xunta ante el temporal reciente deja mucho que desea

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os elevados estragos provocados polo temporal que asolou Galicia durante a pasada fin de semana leva ao PPdeG a reclamar a declaración de zona catastrófica para as áreas afectadas, de xeito que os afectados dispoñan de axudas inmediatas. De feito, os deputados galegos do Partido Popular van rexistrar hoxe esa petición no Congreso dos Deputados, ao tempo que o Grupo Parlamentario Popular de Galicia reclama a comparecencia de Touriño ante a Deputación Permanente da Cámara para que explique por qué se saturou o teléfono 112 e fallou a coordinación dos diferentes dispositivos de emerxencia que funcionan en Galicia e concrete as medidas de apoio aos afectados, incluído un cronograma de aplicación.

O anuncio foi efectuado esta mañá polo secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, durante unha visita que efectuou a diferentes concellos de Ferrolterra e Ortegal e na que comprobou os elevados danos provocados polo temporal, como seguen a constatar milleiros de veciños aos que aínda non se lles repuxo a subministración eléctrica.

XUNTA DESAPARECIDA E 112 COLAPSADO

Durante o periplo, no que estivo acompañado polo presidente provincial do PPdeG da Coruña, Carlos Negreira, e polo portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, entre outros dirixentes políticos, Alfonso Rueda tivo ocasión de acreditar que, como xa sucedera durante os incendios e as riadas de 2006, a Xunta de Galicia deixou aos veciños e aos alcaldes na máis absoluta soidade para loitar contra as inclemencias.

A central de emerxencias 112 colapsouse nos primeiros momentos do temporal e, desde entón, fallou a coordinación dos diferentes medios para facer fronte á situación, deixando aos alcaldes que combatesen en solitario os efectos dun temporal que excedía amplamente a capacidade de resposta dos concellos.

AXUDAS XA E PARA TODOS

Tendo en conta que moitos dos afectados polos incendios e as riadas de 2006 seguen a día de hoxe sen cobrar as axudas comprometidas pola Xunta, o PPdeG reclama a aprobación inmediata dun paquete de medidas que inclúa un cronograma con garantías de concesión inmediata.

A tal efecto o PPdeG esixe que a Xunta tome a iniciativa e asesore aos afectados para que podan solicitar as axudas públicas para salvar a maraña burocrática do bipartito, pero tamén para formular as reclamacións doutro tipo que podan corresponder.

O PPdeG reclama compensacións económicas para todos os damnificados, desde as familias que perderon os víveres almacenados en conxeladores que deixaron de funcionar por falta de electricidade, ata os danos provocados en explotacións agrícolas e gandeiras, desperfectos en vivendas, instalacións empresariais e equipamentos públicos.

Os populares galegos recordan que os diferentes episodios que implicaron unha situación de risco xeneralizado para a Comunidade Autónoma –incendios e riadas de 2006, o dobre episodio de nevaradas deste inverno e os temporais da pasada fin de semana- remataron sen que a Xunta de Galicia fose capaz de exercer as competencias que ten encomendadas en materia de protección civil, a pesar de que existen protocolos de actuación específicos para este tipo de casos.

Alfonso Rueda cuestionou a vista efectuada onte polo presidntee da Xunta ás zonas afectadas. “Touriño aparecer cando vento xa deixara de soprar”, afirmouo.

FALTA DE PREVISIÓN

Pola súa banda, o presidente provincial do PPdeG da Coruña, Carlos Negreira, criticou a “total falta de previsión” da Xunta e do Goberno central ante este temporal, no que, ata as previsións meteorolóxicas se quedaron curtas, como recoñeceu o ministro do Interior. Ao seu xuízo, o Goberno estivo “desaparecido” durante toda a fon da semana, a pesar das elevadas perdas provocadas polo temporal a familias e empresas.

Na visita tamén participaron o alcalde de Ortigueira, a alcaldesa de Cerdido e representantes dos concellos de Cariño, Cedeira. Valdoviño, Moeche e San Sadurniño.

A XUNTA PRIVATIZOU AS EMERXENCIAS

O acontecido esta fin de semana confirma, punto por punto, como denunciara o PPdeG no seu momento, que a lei de emerxencias aprobada polo bipartito nesta lexislatura non garante a existencia dun “mando único” en Galicia ante situacións deste tipo. Confirmouse, ao mesmo tempo, que a Xunta responsabilizou a concellos e a deputacións de competencias de protección civil malia que, lonxe de facilitarlles recursos, recurtou medios como as agrupacións locais de protección civil ou os grupos municipais de intervención rápida.

"Neste contexto, e tendo en conta que as riadas de 2006 se saldaron co cese do ata entón director xeral de protección civil, o PPdeG pregunta a Touriño se a ineficacia amosada esta fin de semana vai provocar algunha vítima política. O PPdeG apunta algúns candidatos: o conselleiro da Presidencia, como responsable directo de ter privatizado a resposta autonómica fronte ás emerxencias a través da Axencia Galega de Emerxencias, ou o propio xerente deste chiringuito que, pese a contar cun salario anual de 100.000 euros, volveu demostrar unha absoluta ineptitude", afirma o PP.