VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O luns 2 de febreiro a Asociación Paz con Dignidad presentará en Vigo o documental “Tukkiyakar. Viaja Esperanza”, dirixido por Natalia Díaz e producido pola propia organización en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Esta será a primeira presentación en Galiza deste documental, que se proxectará en Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra e Ourense nesa mesma semana.
Luis Nieto Pereira, coordinador da Asociación Paz con Dignidad e da Revista Pueblos (www.revistapueblos.org) presentará o documental nas diferentes localidades co apoio das seguintes organizacións: Asociación de Inmigrantes Senegaleses de Ourense (AISO), Pontevedra (DIOCO) e Vigo; Asociación de Mujeres Senegalesas de Vigo (DEGGO), Ecos do Sur e Equus Zebra (na Coruña).
Tukkiyakar, termo wolof que pode traducirse por “viaxa esperanza”, fálanos do modo en que a emigración atravesa a vida de todas as persoas que habitan na rexión de Kolda (Senegal). A través de diferentes personaxes (dous rapaces que pensan nunha vida mellor, un pai que agarda, os repatriados, o turista...), este documental ficcionado pretende adentrar ao espectador na diversidade de sentimentos e miradas coas que África afronta a emigración, os seus riscos, oportunidades e baleiros.
DATOS TÉCNICOS:
Título: Tukkiyakar. Viaja Esperanza / Senegal, 2008 / Guión e dirección: Natalia Díaz / Cámara: Fabacary Assymby COLY / Montaxe: Aitor de Miguel / Producción: Paz con Dignidad co apoio da AECID / Formato: 16:9 / Duración: 30 minutos / Idiomas: Francés, wolof e peul. Subtitulado en galego.