MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiuse esta tarde á Presidenta de AENA, Encarnación Vivanco, para sinalar que o colapso do aeroporto de Madrid-Barajas acontecido neste mes, evidenciou a necesidade dun modelo de xestión aeroportuaria descentralizado. Así llo fixo saber á responsábel de AENA que comparecía na Cámara Baixa con motivo do caos de Barajas.
Jorquera puxo de manifesto que o colapso en Barajas evidenciou outro problema: o modelo aeroportuario centralizado en Madrid. Un modelo que pivota nun centro: Barajas, que absorve gran parte das conexións aéreas. Neste sentido, lembrou que “Galiza tardou máis de 10 días en recuperarse dos problemas de Barajas e durante uns días estivo case illada por vía aérea”.
Para o deputado do BNG o idóneo sería un modelo policéntrico, cunha xestión descentralizada. Precisamente, o padecido no aeroporto de Barajas, evidenciou as grallas do actual sistema: o colapso do aeroporto central xenerou unha situación de caos en toda a rede. Se aposta por un modelo macrocefálico, engadiu o deputado, “o congruente é que dote a Barajas tanto de medios materiais como humanos para evitar situacións como as vividas”.
- A Presidenta de AENA escudouse no feito de que os incidentes en Barajas do 2 de xaneiro e do 9 foron “puntuais” e defendeu a xestión deste aeroporto do que resaltou os dados de medre, en referencia ao número de pasaxeiros no pasado ano. Deu a razón a Jorquera ao afirmar que “un incidente nun grande aeroporto como Barajas repercute efectivamente noutros”. Unha repercusión, puntualizou, que “é unha característica deste tipo de aeroportos” e asegurou que unha “xestión integrada permite minimizar os efectos”. Aludiu ao novo modelo de xestión aeroportuaria no que “o titular seguirá a ser AENA”.
O deputado do BNG reprochou á Presidenta de AENA que reducira a súa comparecencia á situación de baixa dos controladores aéreos en Barajas.
Jorquera afirmou que o colapso obedeceu á concatenación de varios problemas: a falla de previsión e de medios para facer fronte a unha situación de emerxencia como a ocorrida o día 9. A incidencia que tivo a suposta “folga” dalgúns profesionais do ámbito, a descoordenación entre as Administracións implicadas, así como a influencia do modelo aeroportuario na estensión do colapso á toda a rede.
Falla de medios e de previsión: chove sobre mollado
En relación á falla de medios, o deputado do BNG considerou positivo que o Goberno recoñecese, por boca da Vicepresidenta María Teresa Fernández de la Vega, que as cousas se puideron facer mellor. Asemade, cualificou de positivo o anuncio de medidas para evitar que se repitan situacións deste tipo, en alusión ás medidas aprobadas no pasado Consello de Ministros do 16 de xaneiro.
Non obstante, o parlamentar nacionalista lembrou que “chove (neva) sobre mollado xa que o Presidente do Goberno se expresou en termos similares hai catro anos con motivo das nevadas acontecidas en decembro de 2004”.
Insuficiencia de plantilla de controladores aéreos
En canto ao conflito cos controladores aéreos, Jorquera dixo á Encarnación Vivanco que segundo “os nosos dados, proporcionados por persoas pertencentes á seguridade aérea, o 2 de xaneiro había 7 baixas en Barajas, a maioría de longa duración (baixas de maternidade e permisos sindicais), e as baixas imprevistas foron minoritarias”.
Para o parlamentar do BNG o problema reside na insuficiencia de plantilla. E criticou que se pretendese cubrir estas baixas por medio de horas extras cando “as horas extras son voluntarias, sen esquecer que, o abuso deste recurso merma a calidade do traballo destes profesionais cunha enorme responsabilidade co conseguinte impacto na seguridade aérea”.
“Resístimonos a converter aos controladores aéreos no chivo expiatorio, porque desde o noso punto de vista, non se pode aforrar en seguridade”. Por iso, consideramos “imprescindíbel o reforzo da plantilla e nos explique que previsións ten respeito a aumentar o personal de controladores”.
Respeito á pregunta de se se precisan máis controladores, a Presidenta de AENA non deu unha resposta clara e relegouno a un “depende”. Jorquera puxo de manifesto que non se está a aumentar a plantilla de controladores no mesmo grao en que medra o número de pasaxeiros, por iso, considera que está ben dotada de controladores? .
Inspeccións dos Protocolos de Seguridade e atención aos usuarios
Tamén fixo alusión ao conflito entre a empresa de Iberia e os pilotos. Jorquera afirmou que á marxe de reclamacións laborais dos pilotos, “todo apunta a que se limitan a cumprir co establecido nos Protocolos”. Por iso pediu á Presidenta de AENA que aclarase como están a funcionar as inspeccións á hora de asegurar o cumprimento dos Protocolos de Seguridade por parte das compañías.
Tamén demandou medidas para que non se reitere a falta de información aos usuarios polas cancelacións e retrasos de voós. E finalmente, censurou a política de “trasladar as responsabilidades a outros colectivos, ou a Axencia de Meteoroloxía