VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acompañada polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, pola delegada de Pesca en Vigo, Ángeles Montero, e por responsables da empresa, realizou este mediodía unha visita ás instalacións da compañía Pereira Productos del Mar, situadas no porto pesqueiro de Vigo.
A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías, para o que investiu un total de 2.150,591,08 euros, dos cales a Consellería de Pesca achegou o 34,01 por cento.
A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías, para o que investiu un total de 2.150,591,08 euros, dos cales a Consellería de Pesca achegou o 34,01 por cento.
Así, os investimentos realizados pola compañía foron destinados á ampliación da planta de elaborados e á mellora do equipamento de transformación e envasado coa introdución dunha máquina peladora de pota, unha etiquetadora manual, unha envolvedora, unha cortadora de anelas para lura grande e unha clasificadora automática. Ademais, Pereira Productos de Mar introduxo melloras nos equipos frigoríficos, así como nos sistemas de seguridade das súas instalacións, coa posta en marcha dun sistema de detección de incendios ou a montaxe dun ascensor montacargas.
No encontro que mantivo cos medios de comunicación tras o seu percorrido pola instalacións da empresa, a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos destacou a aposta do Goberno galego pola industria do conxelado, coa achega de máis de 105 millóns de euros a este sector ao longo de 2008 ao abeiro do Plan Estratéxico dos Produtos do Mar Conxelados.