MOS (MORRAZO-tribuna).- A alcaldesa de Mos destina 1.300.000 euros a auga potable e alcantarillado. Esta cantidade procede dos 2.300.000 euros que o anterior goberno municipal acumulou de préstamos sen gastar e polos que o Concello leva pagado 600.000 euros entre intereses e amortizacións.
O grupo municipal do PSOE presentou no pleno ordinario desta tarde dúas mocións co fin de manter sendas operacións de crédito, que foron denegadas pola maioría da Corporación Municipal. Cunha destas mocións os socialistas perseguían manter a operación de crédito de 580.000 euros para realizar obras de mellora do vial Porteliña-As Pozas e para executar o tramo Porteliña-Ponte da Barxa. A outra moción pretendía manter o préstamo de 887.000 euros para a compra de terreos para unha nova Casa Consistorial.
O grupo municipal do PSOE presentou no pleno ordinario desta tarde dúas mocións co fin de manter sendas operacións de crédito, que foron denegadas pola maioría da Corporación Municipal. Cunha destas mocións os socialistas perseguían manter a operación de crédito de 580.000 euros para realizar obras de mellora do vial Porteliña-As Pozas e para executar o tramo Porteliña-Ponte da Barxa. A outra moción pretendía manter o préstamo de 887.000 euros para a compra de terreos para unha nova Casa Consistorial.
Ante a negativa do pleno da Corporación a que estas mocións saíran adiante, a alcaldesa, Nidia Arévalo, amosou a súa satisfacción e argumentou o por que de que o seu equipo de goberno se opoña a sendas propostas. “O actual grupo de goberno destinou, dentro do orzamento para o 2009, un importe de 1.300.000 euros procedentes da cantidade total de 2.300.000 euros, acumulados de préstamos solicitados dende 2003 e aínda sen gastar, a solventar as grandes necesidades de Mos que son a auga e o alcantarillado e que estaban motivando a paralización de licencias de construcción en zonas urbanas do municipio”, declarou a rexedora local. As novas financiacións que asumirá o Concello, froito desta reubicación de fondos procedentes de péstamos bancarios sen gastar polo anterior goberno municipal son: saneamento nas parroquias de Mos, Louredo, Tameiga e Cela, concretamente nos lugares de Spain, Regadas-Cantín, Pedra Pinta, Zapateira, Inxertado, Caamaño, Coto-Caballeira-Sequeiros, Sequeiros, Coto e Arufe; conexión ó saneamento en San Antoíño, dotacións para equipamentos e parques e xardíns, mellora de equipamentos deportivos, cunetas en Louredo, un local social para A Veigadaña e abastecemento en zonas urbanas.
Arévalo explicou que “durante os anos nos que o Concello estivo dirixido polo anterior equipo de goberno, con María Jesús Escudero á cabeza, Mos case chegou a alcanzar o límite de endebedamento permitido nun municipio”. E é que o Concello mosense alcanzou preto dun 90% de endebedamento das súas arcas municipais, cando o máximo permitido ascende ó 110%.
Ademais argumentou que “para os terreos da nova Casa Consistorial Escudero pediu un préstamo bancario de 900.000 euros e a día de hoxe segue sen terse negociado o prezo de dita parcela cos propietarios”. “E durante todo este tempo o Concello leva pagados 600.000 euros, entre intereses e amortizacións, por un préstamo que non se utilizou”, insistiu a alcaldesa mosense.
En canto ó vial de Petelos, Nidia Arévalo asegurou que “o proxecto leva feito dende o ano 2006, pero os anteriores dirixentes municipais non o iniciaron, e ademais en 2005 pediron para acometer as obras pertinentes un préstamo de 700.000 euros cando só se necesitaban 500.000 euros; e o que é peor, pretendían facer unha estrada de 16 metros de ancho sen modificar as normas municipais e sen informar ós veciños que ían a resultar afectados”. Todos estes son, segundo Arévalo, exemplos da “pésima” xestión do anterior equipo de goberno. Exemplos que non son os únicos xa que, tamén en relación co proxecto do vial de Petelos, a acaldesa informou esta tarde de que “o máis urxente para esta estrada era a construcción dunha nova Ponte da Barxa, tendo en conta o risco de derrubamento que corre a actual, e sen embargo o goberno municipal de Escudero non destinou nin un só céntimo de euro para a elaboración do proxecto dunha nova ponte e fomos nós quen encargamos dito proxecto”.
“Por todo isto e polo ben dos intereses de Mos, dende o grupo municipal do Partido Popular non aceptamos as mocións do PSOE”, concluiu a rexedora local.