21 enero 2009

Cándido Pazó actúa para os alumnos de secundaria do I.E.S de Mos

MOS (MORRAZO-tribuna).- A esta actividade, subvencionada polo Concello, sumaráselle o día 28 outra a cargo do escritor Antón Riveiro Cuello no clube de lectura LEMOS
Os alumnos da E.S.O. do I.E.S. de Mos desfrutaron hoxe da actuación do actor e guionista Cándido Pazó, que se achegou ata o Centro Multiusos Municipal para ofrecerlles un monólogo moi atractivo para os rapaces.

O primeiro pase deste espectáculo comenzou ás 10.30 horas no salón de actos do Multiusos e a el acudiron os estudiantes de primeiro e segundo curso de Educación Secundaria Obligatoria. Os alumnos de terceiro e cuarto tiveron a oportinudade de contemplar ó actor a partires das 12.30 horas.

Esta iniciativa naceu, segundo o profesorado do I.E.S. mosense, coa idea de conmemorar dende a comunidade escolar de Mos o 25 aniversario do Centro Dramático Galego, que se celebra ó longo da presente tempada 2008-2009. O acto foi organizado conxuntamente pola concelleira de Educación, Julia Loureiro, e polo instituto; concretamente polos departamentos de Galego e Normalización Lingüística e pola biblioteca. Este evento foi subvencionado polo Concello de Mos.

Outras actividades

Ademais da de hoxe, o I.E.S de Mos ten programadas outras actividades para as vindeiras semanas. O clube de lectura LEMOS do citado centro contará, o mércores 28 de Xaneiro a partires das 17.30 horas, coa presencia do escritor Antón Riveiro Cuello que impartirá unha charla-coloquio. Na organización desta actividade colabora tamén a edil de Cultura, Sandra Temes.

Así hoxe, tras a actuación de Candido Pazó, o profesorado presente quixo invitar a toda a comunidade escolar: alumnos, pais e ó resto de docentes, a participar o próximo día 28 no acto do clube de lectura que terá lugar na biblioteca do instituto; excepto se a afluencia de público excede o aforo da mesma, que se trasladará ó salón de actos do centro.