VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Nova acusación do PP : "O conselleiro de Medio Ambiente colocou a dedo en Sogama á filla dun sindicalista de Ourense cuia organización impulsou a presentación dunha denuncia xudicial contra Manuel Vázquez, cando era alcalde do Carballiño, por acoso laboral a unha traballadora do Concello. Deste xeito, Manuel Vázquez utilizou Sogama para tratar de desactivar aos impulsores da denuncia e, con ela, o procedemento xudicial", segundo considera o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas.
O PPdeG desvela que nesta operación, Manuel Vázquez utilizou como intermediaria á deputada socialista Laura Seara, tratando así de evitar deixar pistas que o puideran involucrar persoalmente.
Laura Seara chegou a enviar un escrito ao presidente do Sogama, José Álvarez, para mediar a favor da contratación desta persoa –que actualmente ocupa a xefatura dunha unidade no complexo ambiental de Cerceda-, no que, entre outros comentarios, sinalaba: “trátala bien, que es de las nuestras”.

2A medida que se van coñecendo novos detalles sobre as irregularidades cometidas polo presidente de Sogama baixo o patrocinio do conselleiro de Medio Ambiente –desde un presunto delicto ambiental polos vertidos tóxicos efectuados polo vertedoiro da Areosa, ata a adxudicación a dedo dun contrato por valor de 19 millóns de euros-, máis se confirma a veracidade, punto por punto, de cada unha das denuncias que o PPdeG leva meses formulando.
O silencio parlamentario amosado en relación con este asunto polo conselleiro de Medio Ambiente, que en reiteradas ocasións se negou a comparecer na Cámara para explicar as anomalías de Sogama", leva a Ruiz Rivas a preguntar "qué máis irregularidades agocha Manuel Vázquez nesa Consellería".