31 mayo 2009

Feijóo asegura que habrá plan contra el paro después de cerrar el de austeridad

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Alberto Núñez Feijóo avanzou hoxe que a Xunta presentará un plan de choque contra o desemprego, unha vez que se complete o plan de austeridade do Goberno galego. O presidente da Xunta fixo este anuncio durante a clausura do X Congreso de UXT de Galicia, no que sinalou que antes de aprobalo lles mostrará aos sindicatos o plan, no que traballan oito consellerías.

O xefe do Executivo autonómico afirmou que este plan será “o primeiro golpe contra a crise”, porque “a situación actual exixe decisións políticas inmediatas e a Xunta ten o firme compromiso de adoptalas desde o primeiro día”.

“A Xunta non vai enganarse nin vai negar a realidade”, afirmou Feijóo, quen constatou que “hoxe non existe aínda ningún indicador que nos permita anticipar a recuperación económica”. “Non vemos brotes verdes, pero traballaremos a fondo para que a economía floreza canto antes”, engadiu.

O presidente defendeu a política social e a creación de emprego como prioridades e avogou polo traballo conxunto da Administración con sindicatos e empresarios como “actores globais”, tanto para atopar unha saída á actual conxuntura económica como para “definir o escenario no que queremos movernos despois da treboada”.

Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo, quen subliñou a “especial consideración da Xunta polo papel dos sindicatos, peza esencial no funcionamento da democracia”, remarcou a importancia do desemprego e da precariedade laboral e avogou pola construción dun “marco de lealdade mutua e permanente no que entendamos que ou todos estamos no mesmo barco ou nos iremos a pique”.

O máximo mandatario autonómico expresou a confianza do Executivo no diálogo e a corresponsabiliade social e comprometeu que “seremos sempre os últimos en levantarnos da mesa” nas negociacións. Feijóo apuntou que non hai “receitas máxicas” pero mostrouse seguro de que “todos queremos contribuír á loita contra o desemprego, contra a precariedade laboral, contra a inseguridade no traballo, contra a paralización da nosa economía”. “Sei que nese camiño nos atoparemos”, apostilou.

El Alavés gana (3-0) al Huesca y mete ya presión al Celta

- Ficha técnica:
3 - Alavés: Bernardo; Kalderon, César, Almirón, Albacar; Cuevas, Emilio (Garro m.64), Garitano, De Marcos (R. Llorente m.75); Javi Guerra (Juanjo. 64), Igor.
0 - Huesca: Edu, Robert, Helguera, Corona, Dorado; Vara (Ripa m.56), Sastre, Camacho, Medina (Jokin Esparza m.72), Jonan (Jose 72), Rubén.
Goles: 1-0, m. 40: Igor Martínez. 2-0, m.69: Natxo Garro. 3-0, m.83: Juanjo
Árbitro: Lizondo Cortés, Colegio valenciano. Expulsó a Luis Helguera con roja directa en el 80 por dar un codazo a Juanjo. Amonestó a los locales De Marcos (m.53) , Kalderon (min. 62), Ripa (min.64) , Albacar (m.88)
Incidencias: Partido de la 39ª jornada de la Liga Adelante disputado en Mendizorrotza ante 7.594 espectadores

"Ganar así es impresionante", afirma el vencedor del Rallye Rias Baixas

DECLARACIONES RALLYE RIAS BAIXAS FINAL

SERGIO VALLEJO (Ganador 45º Rallye Rias Baibas Vodafone G.P. Turismo de Vigo):

“Haber podido ganar de esta manera es impresionante. Estoy además muy agradecido al público que me animó en cada tramo y sobre todo en los momentos más difíciles para nosotros”.

“Los últimos tramos fueron una locura. La verdad es que corrimos con mucho riesgo, de hecho estuve a punto de salirme en varias ocasiones pero parece que hoy iba protegido por un ángel”

“Hemos ido atacando muy fuerte. Después de la rotura del palier, pensamos en luchar por el segundo puesto pero finalmente hemos arriesgado y nos salió bien. Ha sido un día en el que hemos vivido todo tipo de emociones. De la alegría de tener el rallye casi encarrilado pasamos a la desesperación, y después a la euforia. Puede que por eso, sepa mejor el triunfo, aunque seguro que lo valoraré mucho más dentro de unos días”


LUIS MOYA (ex campeón del mundo de Rallyes y miembro de la RFEA)

“No he venido a este rallye como miembro de la Real Federación Española de la automovilismo sino como aficionado porque es una prueba que me encanta. La organización hace un trabajo muy serio, excelente, de los mejores de las pruebas del nacional”.

“Me quito el sombrero con todos los pilotos, por el gran esfuerzo que han hecho, soportando las altas temperaturas que hemos tenido. En este sentido debe haber sido una prueba “horrible” para ellos. Así que chapeau. Por este motivo, hoy no les he envidiado nada”.

Finalmente, Vallejo : O piloto lucense (Porsche 911 GT3) proclamouse vencedor desta emocionante edición do Rallye Rías Baixas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Facía trece anos que un piloto galego non subía todo o máis alto do podio do Rallye Rías Baixas, había trece anos que Sergio e Diego Vallejo non gañaban en Vigo, e foi hoxe, na 45 edición do Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo cando se rompeu o maleficio, cando os afeccionados galegos puideron gozar coa vitoria final do piloto lucense. E non foi fácil xa que os problemas, as adversidades, as penalizaciones e as averías mantiveron á expectativa a todos ata o último tramo, o de Mondariz, onde Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3) marcou o mellor tempo e sentenciou esta proba puntuable para o Campionato de España de Rallyes. O segundo posto foi para Miguel Fuster (Porsche 911 GT3), que se mantén líder do Campionato de España, mentres que a terceira posición foi para a @mozo Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X).

O Rallye comezou ben para Sergio e Diego Vallejo que marcaron o mellor tempo nos tres primeiros tramos (Samil, As Neves e Covelo), o que lles serviu para empezar a marcar distancias cos seus principais rivais, neste caso Miguel Fuster que se poñía a máis de vinte e cinco segundos dos lucenses e Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X), que deu a sorpresa logrando a vitoria na segunda pasada polas Neves. Pero isto non foi máis que un toque de atención para os lucenses que se puxeron as pilas e marcaron o mellor tempo no quinto tramo (Covelo), mentres no sexto foi o líder do Campionato de España de Rallyes o que facía parar antes o crono na liña de meta. E todo iso nun tramo duro, onde a calor era o principal adversario para os participantes que comezaban a ter problemas de freos, cos neumáticos que perdían adherencia… Menos mal que chegaba a hora da comida e xa se podían arranxar todos os problemas mecánicos no parque de asistencia. Aínda así varios foron os pilotos que se viron obrigados a abandonar. Unha mágoa.
A xornada vespertina comezou como acabara a matutina, con dominio de Sergio Vallejo, que de novo volvía marcar o mellor tempo, nesta ocasión na segunda pasada por Fornelos e na primeira por Ponteareas, o que lle permitía seguir aumentando a brecha con Miguel Fuster. O piloto alicantino ademais de estar centrado en alcanzar a primeira posición tamén tiña a súa particular loita con Xevi Pons para que non lle arrebatase o segundo posto, algo que ao final non sucedeu, aínda que o piloto catalán intentouno.
Pero as sorpresas, a maioría dos problemas e averías aínda estaban por chegar e fixérono todas xuntas, nun tramo, o noveno, o de Mondariz, no que o mellor tempo márcoo Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI). O piloto cántabro, a pesar do triunfo, non conseguía escalar posicións na xeneral na que estaba cuarto e da que non se moveu.
Mentres as alegrías eran para Ojeda, os problemas axexaban a Miguel Fuster, que realizou un trompo debido a un problema cos neumáticos o que lle obrigou a cruzar marcha atrás a liña de meta, e Sergio Vallejo, que rompeu un palier, e só puido marcar o sétimo tempo. Malia iso o piloto lucense continuaba líder na xeral, pero o que non sabía el era que os seus problemas non fixeran máis que empezar e é que a chegada ao parque de reagrupamiento non foi fácil, había unha gran tensión por se chegaría, se o faría en tempo. Ao final tras unha tensa espera, unha parada e unha entrada lanzada o piloto lucense logrou chegar ao parque de reagrupamiento e despois ao de asistencia, onde lle solucionaron o problema mecánico. Aínda así, Sergio e Diego Vallejo saíron con tres minutos de atraso sobre o seu horario cara ao penúltimo tramo do día, o de Ponteareas, o que ía carrexarlles unha penalización de trinta segundos. Pendentes aínda da decisión da organización os pilotos afrontaron os últimos dous tramos do día (Ponteareas e Mondariz), onde Sergio Vallejo consciente do que se xogaba voou sobre o asfalto conseguindo marcar o mellor tempo e aventajar a Miguel Fuster en case corenta segundos. Segundos que ao final quedáronse en 9.7, confirmada a penalización, pero que lle serviron para darlle o triunfo no Ralley Rías Baixas Vodafone e para rememorar o triunfo de fai 13 anos, en 1996, naquela ocasión a mans dun ZX 16 V.
Mentres, a quinta posición foi para Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X), seguido por Álvaro Múñiz (Mitsubishi Lancer Evo X) e Xavier Lujua (Mitsubishi Lancer Evo X).
Tamén hai que destacar a mala sorte que tiveron dous pilotos galegos Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X) e Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), que tiveron moitos problemas cos seus coches e non puideron deleitar aos afeccionados co bo facer que eles teñen. Así, ao final undécimo e décimo respectivamente.

Na Mitsubishi Evo Cup o triunfo foi para Xevi Pons, que non tivo problemas para superar aos seus rivais, así o seu máis inmediato perseguidor Alberto Monarri, estaba a máis de dous minutos e Álvaro Múñiz a case catro minutos.
Esteban Vallín foi o vencedor no Trofeo Suzuki Swift, o que lle permite manter este posto privilexiado na clasificación xeral. O segundo en Vigo foi Pablo Pazó e o terceiro Pablo Rei.
Máis igualada estivo a loita no Grupo N, na que o primeiro foi Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X), que ademais segue liderando a clasificación xeral, seguido de Enrique García Ojea (Subaru Impreza WRX STI), que foi segundo en Vigo, mentres que a terceira praza foi para Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X).

Moito calor e máis público
Se por algo se caracterizou esta edición do Rallye Rías Baixas Vodafone foi polas altas temperaturas que azotaron esta zona durante todo o día, unhas temperaturas que chegaron a superar os trinta grados nas horas centrais do día e que foron un gran obstáculo para os pilotos, que vían como os freos quentábanse, como os neumáticos perdían adherencia… Pero o que non foron foi impedimento para que os afeccionados abarrotasen as estradas, os arcenes, todos os sitios habilitados para poder presenciar a proba… Uns afeccionados que se portaron correctamente e que cando a organización solicitou a súa colaboración, xa que a segunda pasada por Ponteareas puido anularse, responderon con prontitude e facendo o que se lles pedía. Chapeau por eles.

Entrega de premios
A cerimonia de entrega de Trofeos contou coa presenza da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, o responsable de deportes da Diputación de Pontevedra, José Enrique Sotelo, o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santiago Domínguez, o concelleiro de deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso, o ex campión do mundo de rallyes, Luís Moya, e os representantes dos principais patrocinadores do Rallye, VODAFONE, CAIXANOVA, FARO DE VIGO, IFEVI E COCA COLA.
Presenciando esta 45ª edición do Rallye Rías Baixas estivo tamén o presidente da Real Federación Española de Automovilismo, Carlos Gracia.

30 mayo 2009

Rallye Rias Baixas : seis tramos ya y Vallejo mandando

Las IMAGENES del momento

Xunta : Hernández asegura que el bigobierno dejó quebrado el IGVS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, cualificou de insostible a situación financeira actual do Instituto Galego da Vivenda e Solo “despois de catro anos nos que o Goberno bipartito duplicou funcións e persoal en materia de vivenda coa creación dunha consellería específica, a pesares de que as competencias eran exactamente as mesmas que xa tiña o IGVS”.

Elo provocou que se crease “unha especie de administración parella á que xa existía, cun incremento de persoal esaxerado sobre todo a través das xestures provinciais (sociedades de capital público dependentes da Xunta encargadas fundamentalmente da xestión de solo residencial e empresarial), que chegaron a contratar “a dedo” a máis de cen persoas, cun custe anual de 4,1 millóns de euros incluíndo o mantemento de oficinas”. Ademais, na propia Consellería duplicáronse 18 prazas que xa existían no IGVS, cun custe a maiores de 717.163,66 euros. “Polo tanto, a creación da consellería supuxo aos cidadáns un gasto adicional de case 20 millóns de euros nos catro anos de lexislatura, e un incremento de persoal de 119 traballadores”.

Neste contexto, no ano 2008 produciuse nas contas do Instituto de Vivenda un desfase contable moi grave. Segundo explicou Agustín Hernández, consignáronse importantes cantidades en concepto de ingresos que “a todas luces eran imposibles de cumprir”, como demostra o feito de que dos 10 millóns de euros presupostados por amortización anticipada de vivendas só se recadaron 123.840 euros, ou dos 33 millóns presupostados como ingresos pola venda de vivendas recadáronse 4,6 millóns. Polo que se refire á venda de solo residencial e industrial, dos 26 millóns previstos, a realización de ingresos foi inferior a 7 millóns de euros.

En total, nos orzamentos do IGVS do ano 2008 presupostáronse como ingresos 114 millóns de euros pero na contabilidade final só se recoñeceron 81,6, cifra que caeu aos 35,5 millóns que se recadaron en realidade. Para o conselleiro, o mais grave é que a pesares de que os ingresos previstos non se cumpriron, comprometéronse obrigas por importe de 99,4 millóns de euros, o que arroxou un déficit financeiro de 17,75 millóns de euros (a diferenza entre os ingresos e os gastos recoñecidos) que obrigou, para cadrar as contas, a unha transferencia da Xunta de 13,7 millóns, entre outras medidas.

EJECUCION PRESUPUESTO DE INGRESOS DAS PRINCIPAIS PARTIDAS (CAPITULO VI) 2008

INICIAL RECONOCIDOS REALES INIC / REC INIC / REAL

Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI Capitulo VI

Industrial

16.063.218,00

7.194.073,34

2.344.522,90

8.869.144,66

13.718.695,10

Residencial

9.909.643,00

20.351.729,28

4.643.414,01

-10.442.086,28

5.266.228,99

Locais

4.085.000,00

200.358,37

191.778,75

3.884.641,63

3.893.221,25

Amortizacion anticipada

10.130.547,00

1.981.028,19

123.840,51

8.149.518,81

10.006.706,49

Alleamento vivendas

33.119.592,00

13.323.101,90

4.690.939,00

19.796.490,10

28.428.653,00

Recadacion viviendas

14.000.000,00

0,00

0,00

14.000.000,00

14.000.000,00

0,00

0,00

CAPITULO VI

87.308.000,00

43.050.291,08

11.994.495,17

44.257.708,92

75.313.504,83

Para Hernández “esta situación acendería as luces de alarma de calquera xestor medianamente rigoroso, pero a anterior Consellería de Vivenda optou por unha fuxida cara diante”. Así, nos presupostos de 2009, “lonxe de facer unha política responsable e de contención do gasto, o que fixo foi incrementar aínda mais os presupostos precisamente nas partidas nas que a execución de ingresos foi menor no ano anterior”.

A xuízo do conselleiro, despois da mala execución do 2008 non se adoptaron solucións orzamentarias e insistiuse en seguir aumentando dunha forma desorbitada e sen xustificación económica os ingresos por venta de vivendas e de solo. Como exemplo claro da “absoluta falta de consistencia dos presupostos do ano 2009”, Hernández explicou que a previsión de ingresos por venda de locais increméntase un 2.742% sobre o cobrado en 2008 e as amortizacións anticipadas de vivendas un 15.869%, tal e como se reflicte no seguinte cadro:

Concepto

Presuposto ingresos 2009

Presuposto ingresos 2008

Recadación real 2008

% incremento presuposto 2009 sobre ingresos reais 2008

Ventas solo industrial

27.830.817

16.063.218

2.344.522,90

1.087,06%

Amortización anticipada vivendas

19.777.315

10.130.547

123.840,51

15.869,99%

Venta locais comerciais

5.450.441

4.085.000

191.778,75

2.742,05%

Agustín Hernández engadiu que, a data de hoxe, na execución dos orzamentos do IGVS do 2009 existe un desaxuste de mais de 40 millóns de euros entre os compromisos adquiridos pola anterior administración e os recursos financeiros reais do Instituto da Vivenda. No que vai de ano comprometeuse o 55% do presuposto, recoñecéronse ingresos por menos do 24% e cobrouse efectivamente o 0,87%. “Esta evolución lévanos a afirmar que, de non tomarse medidas drásticas de contención do gasto, o desfase financeiro a finais de ano podería chegar aos 68,9 millóns de euros”, precisou.

Presuposto inicial 2009

Gastos comprometidos

Ingresos recoñecidos

Recadado

126.757.382

70.552.000

29.931.549,26

1.105.297,81

55,66%

23,61%

0,87%

Advertiu que existen ademais unha serie de gastos previsibles aínda non contabilizados como son modificacións de obra en tramitación, liquidación e revisión de prezos pendentes de aprobación, e outros, que fan prever que o importe das obrigas sexa notablemente superior. Puxo como exemplo o modificado por un importe de mais de 6 millóns de euros pendente de aprobación nas vivendas de San Paio de Navia, en Vigo.

Novo presuposto

Ante esta situación, o responsable de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalou que a consellería “non ten outro camiño que reformular o presuposto do Instituto Galego da Vivenda e Solo para axustalo á realidade financeira do organismo, e rematar así coa ficción contable na que estaba sumido o anterior executivo”.

Hernández tamén denunciou o uso dun artificio financeiro para cadrar os presupostos do IGVS mediante a transmisión de solo ás xestures en condicións difíciles de prezo de venta, sobrecargando financeiramente a estas sociedades. Isto, a xuízo do conselleiro, queda acreditado co dato de que, a día 26 de maio de 2009, as xestures deben ao IGVS 17,6 millóns de euros. A pesares disto, no exercicio 2009 presupóstanse outros 23,2 millóns de euros en concepto de pagos das xestures ao IGVS.

“Estamos procedendo ao cambio dos consellos de administración destes organismos e en dúas ou tres semanas nomearemos aos novos xerentes. Imos auditar as catro xestures para ver a súa situación financeira, porque tamén nos tememos que estean en risco de insolvencia, e non desbotamos pedir responsabilidades aos administradores”, afirmou o conselleiro.

Asegurou que a Xunta buscará as fórmulas necesarias para atender aos compromisos e rescatar a política de vivenda da Xunta de Galicia “do burato negro deixado polo bipartito”. Entre elas apuntou a reelaboración do orzamento, a contención do gasto e a procura de fórmulas innovadoras para activar o mercado de venta de solo empresarial, como o aluguer con opción de compra ou os pagos diferidos.

Rallye Rias Baixas : seis tramos ya y Vallejo que no cede en su dominio...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O piloto lucense (Porsche 911 GT3) segue líder destacado do 45º Rías Baixas Vodafone trala disputa dos seis primeiros treitos

A 45 edición do Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo chegou ao seu ecuador cun claro líder, Sergio Vallejo (Porsche 911 GT3), que non está dando opcións aos seus rivais, malia que Miguel Fuster (Porsche 911 GT3) séguelle moi de preto. O piloto lucense mantén a primeira posición a máis de trinta segundos (34.4) do alicantino, tras lograr marcar o mellor tempo en Covelo e acabar segundo nas Neves e Fornelos. E é que os irmáns Vallejo están sacando rendemento aos segundos que lles lograron arrebatar aos seus rivais nos primeiros tramos do día (As Neves e Covelo), onde sempre marcaron os mellores tempos. Así que, se todo segue igual no que resta de tarde, o Rallye Rías Baixas Vodafone poderá ter un campión galego, trece anos despois de que Sergio e Diego Vallejo xa lograsen a vitoria final.

A segunda posición na xeral está en mans de Miguel Fuster. O actual líder do Campionato de España de Rallyes tivo que esforzarse ao máximo nestes últimos tramos para recortar distancias con respecto a Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X) e coarse así no ronsel de Sergio Vallejo. O alicantino, que é consciente de que a segunda posición permítelle manter o liderato do Campionato de España, arriscou ao máximo no último tramo da mañá (Fornelos) e como recompensa obtivo o mellor tempo e a segunda praza na xeral do Rías Baixas. Unha segunda praza que bota fume xa que Xevi Pons vai pelexar por recuperar esta posición no que resta de competición e pódeo lograr, xa que fixo un bo traballo nos tramos da mañá onde sempre se coou entre os tres primeiros postos, ata na segunda pasada polas Neves marcou o mellor tempo.

O gañador do ano pasado, Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI), mantense na cuarta posición da xeral sacando o máximo rendemento do seu coche e do seu coñecemento deste Rallye Rías Baixas. Séguelle Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X) e o galego Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X), que non está moi satisfeito co rendemento do seu coche. Do mesmo xeito que outro galego, Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), que tras marcar o cuarto mellor tempo na primeira pasada polas Neves, foi perdendo fuelle ao longo dos seguintes tramos, aínda así se mantén sexto na xeneral.

Na Mitsubishi Evo Cup segue líder Xavi Pons, quen lle saca máis dun minuto a Alberto Monarri e o galego Alberto Meira, que ten problemas co seu coche.

Máis igualado está o Trofeo Suzuki Swift, que segue liderado por Esteban Vallin, ao que lle pisa as rodas Pablo Pazó e a maior distancia Manuel Souto.

Igual de reñido tamén está o Grupo N, que de momento encabeza Xevi Pons (Mitsubishi Lancer Evo X), pero do que non se despega Enrique García Ojeda (Subaru Impreza WRX STI). A moita distancia atópase Alberto Monarri (Mitsubishi Lancer Evo X) e o galego Pedro Burgo (Mitsubishi Lancer Evo X).


Moito calor e problemas técnicos

O que parece é que os pilotos están sufrindo moito coas altas temperaturas que axexan as Rías Baixas (máis de trinta grados ao mediodía). Unha calor que tamén está afectando aos coches que sofren problemas cos freos e os neumáticos, o que obriga aos pilotos a ser máis precavidos nos diferentes tramos. Malia iso todos estanse esforzando por dar o máximo e ofrecer un bo espectáculo deportivo aos afeccionados que están abarrotando as estradas, os arcenes…

Pero a calor tamén afecta ao numeroso público que está presenciando a proba, que buscan refuxiarse á sombra das árbores, refrescarse nos ríos ou ata nos pequenos regatos.

Partido de gran responsabilidad este domingo para el Celta (12.00 Alicante)

ALICANTE (MORRAZO-tribuna) .- El central celeste Jordi reconoció que en Alicante “afrontamos un partido complicado, vamos a casa de un aspirante a subir a Primera, pero nosotros también estamos necesitados, sabemos que si conseguimos los tres puntos ya estará casi todo medio hecho, tenemos que ir con tranquilidad y afrontar el partido desde un punto de vista sereno”. El catalán añadió que “un empate sumado fuera de casa siempre es muy positivo, pero nosotros vamos a salir a ganar, como hacemos en cada partido”.

La primera pregunta que le formularon a Jordi fue si considera que este partido es el más complicado de la competición hasta ahora: “Sí, creo que sí. Tenemos un calendario en el que nos jugamos mucho, pero el partido contra el Hércules, salvando el del Murcia del otro día, es el más importante de la temporada hasta el momento. Afrontamos un partido complicado, vamos a casa de un aspirante a subir a Primera, pero nosotros también estamos necesitados porque sabemos que si conseguimos los tres puntos ya estará casi todo medio hecho, tenemos que ir con tranquilidad y afrontar el partido desde un punto de vista sereno”.

En cuanto a si el empate sería un buen resultado señaló que “un empate sumado fuera de casa siempre es muy positivo, pero nosotros vamos a salir a ganar, como hacemos en cada partido”.

El central explicó que “ellos están obligados a ganar porque sino se van a quedar descolgados de la parte de arriba y puede que salgan con un potencial ofensivo importante, pero nosotros vamos a esperar nuestras ocasiones que las vamos a tener seguro, vamos a intentar aprovecharlas como hacemos cada domingo”.

Sobre si las condiciones adversas, como la dureza del terreno de juego o la temperatura, les preocupan aseguró que “no, eso puede pasar todos los partidos, todos los domingos, y no importa. Supongo que habrá buen tiempo en Alicante, casi verano, pero vamos a intentar jugar el partido sin pensar en el tiempo ni en otra cosa que no sea ganar”.

Con respecto a la necesidad de dejar la portería a cero comentó que “desde el día del Córdoba no dejamos la portería a cero, pero lo importante ahora es ganar, como si quedamos 5-6, ganar sería lo positivo. Evidentemente encajar tantos goles preocupa, a mi y a todo el equipo, cada partido encajamos, la verdad es que se hace difícil, pero lo importante ahora en esta recta final es ganar y olvidase de todo un poco”.

Sobre su compenetración con Noguerol dijo que “la verdad es que muy bien, siempre he dicho que hay tres centrales en este equipo muy profesionales, con mucha calidad y mucha experiencia, me he entendido muy bien con los tres. Ahora nos está tocando jugar a Noguerol y a mí y la verdad es que me gusta”.

En cuanto a la influencia del partido del Alavés indicó que “eso puede tener su parte positiva y su parte negativa. Si el Alavés consigue los tres puntos nosotros posiblemente saldremos con un poco más de presión, pero vamos a hacer el partido que estamos preparando durante toda la semana, lo que haga el Alavés nos importa pero nosotros estamos centrados en nuestro partido y en intentar conseguir los tres puntos”.

Preguntado sobre la imposibilidad de jugar el número de partidos necesario para ampliar su contrato varias temporadas con el primer equipo dijo que “ahora ya no puede ser, pero no me preocupa, ya lo dije desde el primer partido que jugué que esta tampoco era mi intención, mi intención era subir aquí lo más pronto posible y se ha cumplido lo que quería. Ahora espero jugar el mayor número de partidos posibles para ir adquiriendo cada vez más experiencia en la categoría. Ahora mismo llevo once partidos y estoy muy contento de que me hayan dado esa oportunidad, siempre he intentando hacer las cosas lo mejor que he podido y sobre todo con muchas ganas”, concluyó.

Revista de Prensa

As primeiras análises confirman que o militar de Vigo ten gripe A

O mozo atravesou España en autobús tras infectarse, supostamente en Hoyo de Manzanares

A epidemia leva ao colexio de Eton a pechar as súas portas por primeira vez nas súas 569 anos de historia

«A paciente pontevedresa está moi tranquila e empeza a aburrirse ao non poder saír da habitación»


Los bomberos están de enhorabuena : la Xunta dice que potenciará los parques comarcales

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, reafirmou esta mañá o apoio da Xunta aos parques comarcais de bombeiros e o impulso dos consorcios provinciais como un “instrumento eficaz e eficiente” para a xestión de emerxencias, así como un “exemplo de intelixente cooperación interadministrativa”. O conselleiro fixo estas declaracións na clausura do IX Congreso Nacional dos Servizos de Emerxencias, organizado na Coruña pola Asociación profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB).

O titular de Presidencia destacou o empeño do Goberno galego na mellora dos servizos contraincendios. Así mesmo, tamén mostrou o seu afán por que toda a poboación de Galicia se encontre protexida, “no menos tempo posible, por uns recursos humanos profesionalizados e cuns medios de última xeración”.

Así mesmo, Rueda aproveitou a ocasión para felicitar aos organizadores e participantes no congreso polas súas achegas, que sen dúbida “contribuirán a mellorar a seguridade e a eficacia da prevención, da planificación e da resposta ante determinadas situacións de risco”. O conselleiro considerou fundamental este tipo de iniciativas, xa que, como dixo, estamos inmersos na denominada “sociedade do risco” e os poderes públicos non deben descoidar a xestión das emerxencias.

Nese sentido, manifestou o seu compromiso para manter e reforzar a colaboración entre as distintas administracións con competencias en materia de emerxencias, por riba de cores polÍticas.

Torre da Xustiza da Coruña
Por outra banda, e a preguntas dos medios de comunicación, lamentou o pouco que se avanzou nos últimos anos no proxecto da Torre da Xustiza da Coruña, sobre a que houbo "moitos anuncios e ningunha realidade". Así, explicou que non hai nada presupostado para esta infraestrutura "necesaria" e avanzou que a Consellería dialogará con todos os sectores implicados (concello, xuíces, etc.) para definir a mellor ubicación para o edificio.