VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación presentou hoxe as bases dos segundos certames zonais de bandas de música que terán lugar o 14 de marzo no Deza, o 15 no Salnés, o 28 na zona sur, o 29 en Pontevedra e, en data por determinar, en Vigo.
As bandas participantes clasificaranse por zonas en tres seccións: primeira, tres bandas de 61 músicos en adiante; segunda, cinco bandas de 46 a 60 músicos; e terceira, seis bandas de 30 a 45 músicos. Cada agrupación poderá contar con instrumentistas alleos á formación (cinco na sección terceira, cinco na segunda e seis na primeira) e deberá interpretar dúas obras de libre elección, unha delas dun compositor galego.

O xurado, que poderá ser diferente en cada comarca, estará composto por cinco personalidades do mundo da música e valorará, de 0 a 10, aspectos como afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica en cada unha das dúas obras.
As bandas participantes recibirán por participar 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira. A Deputación concederá en cada sección e por cada zona un primeiro premio de 2.000 euros na sección primeira, de 1.750 na segunda e de 1.500 na sección terceira. O prazo de inscripción será de 20 días dende a publicación das bases no BOP.
En Deza, Tabeirós e Montes, o certame será o 14 de marzo con bandas de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Cruces, Cerdedo, A Estrada e Forcarei. O 15 de marzo, no Salnés, participarán as bandas de Cambados, O Grove, A Illa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova, Catoira, Portas, Pontecesures, Valga, Cuntis, Caldas e Moraña.
Na zona sur, o 28 de marzo, bandas de A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salvaterra, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Baiona, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño, Redondela e Salceda de Caselas. En Pontevedra, o 29 de marzo, concursarán agrupacións de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Fornelos, Pazos e Soutomaior. En Vigo, aínda sen data, competirán as bandas da cidade.