VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A portavoz do BNG na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Galego e candidata número dous do BNG pola provincia da Coruña, Ana Pontón, asegura que os recentes despedimentos en SOGAMA “demostran que este modelo de tratamento dos residulos está totalmente fracasado”.
Ana Pontón considera “extraño que dous técnicos foran quen de burlar todos os dispositivos de seguimento das instalacións”. Asimesmo, afirma que “é difícil de entender que Augas de Galiza non detectara estas manipulacións cando levou a cabo a investigación polos verquidos ao río Lengüelle”.
Por iso, a candidata do BNG demanda que “se publique toda a información para que os galegos e galegas coñezan a verdade”.

“SOGAMA: un modelo fracasado que haberá que cambiar na próxima lexislatura”
Para a candidata nacionalista todas as irregularidades que se están a desvelar “confirman o que sempre dixo o BNG: SOGAMA é un modelo fracaso de xestión dos resíduos, que lle custou moitos millóns aos galegos e galegas e que fai augas por todos os lados”.
Neste sentido, Ana Pontón asegura que “unha das tarefas prioritarias da próxima lexislatura será por en marcha un novo modelo de xestión dos residuos en Galiza, baseado en plantas comarcalizadas, e que abandone a incineración, apostando pola reciclaxe e pola compostaxe”.