VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Deputación ven de aprobar a concesión dunha colaboración de 36.000 euros á Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) que posibilitou organizar un foro sobre plataformas loxísticas e o seu artellamento cos portos.
Así mesmo, no marco desta colaboración a CEP prevé realizarnos vindeiros meses unha misión empresarial en Uruguai xa que recentemente a entidade empresarial asinou coa Cámara Nacional de Comercio e Servizos del Uruguai un amplo convenio, que contempla a posibilidade de realizar esta acción.
Así mesmo, no marco desta colaboración a CEP prevé realizarnos vindeiros meses unha misión empresarial en Uruguai xa que recentemente a entidade empresarial asinou coa Cámara Nacional de Comercio e Servizos del Uruguai un amplo convenio, que contempla a posibilidade de realizar esta acción.
O foro sobre plataformas loxísticas e o seu artellamento cos portos reuniu a entidades, empresas e representantes de organizacións empresariais de distintos lugares e países (especialmente de Asturias, Cantabria, País Vasco, Galicia e Norte de Portugal). O obxectivo deste congreso foi analizar a , adecuación das infraestruturas actuais ó desenvolvemento intermodal; ós transportes aéreos, ferroviarios, terrestres e marítimos e, en definitiva, a importancia da loxística no desenvolvemento económico e na competitividade das empresas.
Abordáronse ademais aspectos como a xestión e coordinación; o papel das novas tecnoloxías no transporte intermodal; a formación de plataformas loxísticas; e a financiación europea para o desenvolvemento de proxectos. Así mesmo farase unha profunda reflexión sobre o transporte terrestre e as autopistas do mar, así como as posibilidades actuais dos tres.
A CEP está integrada por 115 asociacións e federacións empresariais de base sectorial (servizos, industria e comercio) e de base territorial. Desenvolve unha importante labor de impulso á mellora de infraestruturas e equipamento empresarial; á promoción de iniciativas e de novos, o fomento da internacionalización ou expansión exterior das empresas; a formación e información a empresarios e directivos, especialmente a PEMES E autónomos; a obtención e canalización de fondos de axuda para a mellora do tecido produtivo; e, en xeral o apoio constante a todas cantas iniciativas favorezan o desenvolvemento económico da provincia.