29 enero 2009

Touriño habla de 17 millones para paliar los efectos de los temporales

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avaliou hoxe en 17 millóns de euros a cantidade necesaria para paliar os danos ocasionados polo temporal que azotou Galicia o pasado fin de semana. O titular do Goberno galego deu conta do decreto de medidas urxentes aprobado hoxe polo Consello da Xunta que recolle as subvencións previstas para facer fronte aos efectos do temporal, que se desenvolverán ao abeiro das ordes das consellerías correspondentes, e será publicado previsiblemente o próximo martes no Diario Oficial de Galicia.
Así o expuxo na rolda de prensa que segue á reunión do Consello da Xunta, onde concretou que “a estimación provisional e primeira dos recursos da Administración que este decreto prevé mobilizar está, inicialmente, nos 17 millóns de euros”, que se desenvolverán ao abeiro das ordes específicas dos diferentes departamentos autonómicos como son: Economía e Facenda, Vivenda e Solo, Medio Ambiente, Medio Rural, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Innovación e Industria, Presidencia e Cultura de Deporte.