REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular redondelán amosou o seu descontento coas obras incluídas polo Goberno de Redondela no Plan Especial de obras a incluir no FONDO DE INVERSION MUNICIPAL, e que ascenden a 4’5 millóns de euros, debido a que “non está demostrado que vaian realmente a xerar emprego”.
O PP indica que as obras presentadas polo Concello non se axustan estrictamente o espíritu do Fondo “pois estaban propostas noutros proxectos anteriores” asegura a líder popular Francisca Canal. Neste senso, o PP indica que vixiará con rigor a posta en marcha e o desenvolvemento do Plan de obras para que se cumpla, e sobre todo, se xenere emprego.
O PP indica que as obras presentadas polo Concello non se axustan estrictamente o espíritu do Fondo “pois estaban propostas noutros proxectos anteriores” asegura a líder popular Francisca Canal. Neste senso, o PP indica que vixiará con rigor a posta en marcha e o desenvolvemento do Plan de obras para que se cumpla, e sobre todo, se xenere emprego.
Así, dende o Partido Popular considérase que, “o Goberno local estaría bordeando o espíritu do Plan, pois, a pesar de que as obras non figuran no presuposto, si foron comprometidas en anteriores ocasións e agora deberían formar parte do presuposto ordinario do Concello”, informou o edil popular Alberto Pazos. Segundo o PP, o Goberno limitouse simplemente a coller a relación de obras que xa tiñan para facer presupostos de anos vindeiros, e que se atopaban xa no pacto de goberno de ámbalas dúas forzas políticas do goberno de Redondela, para sacalas agora á luz aproveitando este Plan do Goberno. Desta maneira o que se conseguiu foi unha relación de obras “carente de sentido e fundamento algún”.
Seguindo na mesma liña, os populares son partidarios tamén de que se invista en obras produtivas nas que ademais de xerar emprego durante a súa construción sígano facendo no futuro, coa creación de postos de traballo que corresponda en cada un dos lugares. Deste xeito, o Partido Popular promove a edificación, entre outras, dun CENTRO DE DIA na localidade de Chapela, ludotecas, pavillóns deportivos e zonas de ocio para os mozos e mozas.
Por outra parte, os populares tamén denuncian que, a pesar de seren a lista con máis respaldo da cidadanía, “non se nos informou nin consultou nada sobre dito Plan, tendo que solicitarlle nós mesmos ó Goberno que nolo facilitasen”, explica a súa líder. Ademais, tampouco se lle expuxo a ningunha asociación veciñal nin a outras agrupacións do municipio, buscando a súa opinión ou contribución ó mesmo.
O PP tiña previstas unha serie de obras necesarias para incluír neste Plan que, debido á actitude adoptada polo Goberno de “mantelos á marxe”, non poderá realizar. Entre elas destacan a nova depuradora, que evitaría a actual situación de degradación continua da costa redondelá; a recuperación medioambiental da zona de Portela; un novo pavillón municipal de deportes; O Centro de Día con spa na localidade de Chapela; a humanización da zona da Picota; a mellora do paseo marítimo e a creación de distintos lugares de ocio para os mozos de Redondela e Chapela, “lugar este último un tanto esquecido polo actual Goberno”, sinala a líder popular.
Por último, indican tamén que outras mostras do “sen sentido” deste Plan son a inexistencia dun proxecto de tráfico alternativo no caso das humanizacións, xunto co descoñecendo da presenza dun plan de eliminación de barreiras arquitectónicas que mellore a vila.