VIGO (MORRAZO-tribuna).- O delegado da Consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciaron a concesión de dúas subvencións para as parroquias de Lavadores e Saiáns cun importe total de 81.627 euros. Unha delas, dotada con 62.425 euros, está destinada á difusión da agricultura ecolóxica na parroquia de Lavadores, mentres que a outra, dotada con 19.202 euros, terá o obxectivo de musealizar o castro de Estea na parroquia de Saiáns.