COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- "Os datos oficiais de lista de espera feitos públicos recentemente pola Xunta ocultan arredor de 20.000 enfermos que agardan ser sometidos a unha intervención cirúrxica nos hospitais da rede do Sergas e máis de 90.000 pacientes agardando obter cita para unha consulta especializada ou a realización dunha proba diagnóstica como consecuencia, entre outros factores, da extensión –neste segundo suposto- da política de axendas pechas que limita o acceso ao sistema".
O dato foi denunciado en Santiago polo voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, logo de analizar a estatística oficial e comparala coa información obtida de pacientes e profesionais da sanidade pública que denuncian que a saturación que rexistran a cotío os hospitais non se ve reflectida na información proporcionada pola conselleira Rubio Vidal.
O dato foi denunciado en Santiago polo voceiro de Sanidade do PPdeG, Miguel Santalices, logo de analizar a estatística oficial e comparala coa información obtida de pacientes e profesionais da sanidade pública que denuncian que a saturación que rexistran a cotío os hospitais non se ve reflectida na información proporcionada pola conselleira Rubio Vidal.
Para o PP : Pese a esa manipulación dos datos reais, a situación da lista de espera en Galicia é moito peor que a media estatal, xa que presenta tempos de espera superiores en todas as especialidades. É o caso de xinecoloxía, onde as pacientes deben agardar unha medida de 40 días máis que no conxunto de España para acceder a unha consulta desta especialidade, pero tamén de oftalmoloxía (20 días máis de demora media), uroloxía (14 días) ou dixestivo (15 días).
Para coñecer a situación real da lista de espera, Santalices considera necesario que o Consello de Contas efectúe auditorías específicas sobre os sistemas de información que utiliza a Consellería de Sanidade para confeccionar as listas de espera, e tamén que o Valedor do Pobo tome cartas no asunto.
O responsable de Sanidade dos populares galegos reiterou que a realidade desminte á conselleira de Sanidade e, como exemplo, apuntou casos como o dunha septuaxenaria de Mos (Pontevedra) que leva 3 anos agardando ser sometida a unha intervención de cadera, mentres que no seu hospital de referencia, o CHUVI, sitúan a demora media cirúrxica de traumatoloxía en 75 días.
DEMORAS INSAMIBLES
Outro dos exemplos ofrecidos tamén ten a Pontevedra como escenario onde, segundo os datos oficiais, as consultas de cardioloxía rexistran unha demora media de 49 días. Sen embargo, Santalices exhibiu a petición de cita dunha paciente que solicitou a consulta o 29 de setembro de 2008 e lle foi fixada para o 20 de xullo de 2009, é dicir, 10 meses máis tarde.
Cuestionou tamén as respostas que reciben algúns dos enfermos que recurren aos servizos de atención ao paciente buscando amparo para retrasos inasumibles. Apuntou, neste sentido, o caso dunha paciente da Coruña que pediu cita para xinecoloxía o 3 de abril de 2008 e a citaron para o 11 de maio de 2009. Como único argumento, desde o complexo hospitalario coruñés respondéronlle que non podían atender a solicitude formulada.
O silencio rodea a xestión dunha Consellería que nin sequera é capaz de facer cumprir os seus compromisos, como acontece coa unidade de cirurxía pediátrica de Vigo, na que continúa sen efectuarse a auditoría externa anunciada para coñecer as deficiencias denunciadas e tratar de buscarlles solucións.
MAQUILLAXE DE LISTAS E AXENDAS PECHADAS
O PPdeG recorda que a Memoria de 2008 da Asociación Defensor del Paciente é demoledora coa Consellería de Sanidade cando denuncia que “jamás, en nuestros once años de existencia, hemos percibido una comunidad peor en listas de espera, tanto diagnóstica como quirúrgica, que lo que hemos observado durante el 2008 en Galicia. No se dan cifras reales ni concretas, se maquillan y las agendas cerradas proliferan con mayor asiduidade en los centros hospitalarios”.
De igual forma, o barómetro sanitario do Ministerio de Sanidade sinala tamén que Galicia se sitúa como a segunda Comunidade Autónoma con maior descontento respecto ao funcionamento da sanidade pública
O PPdeG recorda que a permanente saturación dos servizos de urxencias hospitalarias e as listas de espera que existen ata para acudir ao médico de cabeceira restan credibilidade á hipotética redución da lista de espera de consultas externas e cirurxía da que presume a conselleira de Sanidade. Estes episodios de saturación contribúen a incrementar a lista de espera, na medida en que se traducen en aumentos dos ingresos nos programados e restan camas para a actividade cirúrxica ordinaria dos hospitais.
Ademais, para o PPdeG, o anuncio da conselleira de regular tempos máximos de espera carece de credibilidade algunha, xa que o bipartito tivo ocasión de facelo nesta lexislatura e negouse a elo. Cando o Grupo Popular, no trámite parlamentario da Lei de Saúde, propuxo fixar garantías de espera máxima de 45 días para consultas e probas diagnósticas e 60 días para intervencións cirúrxicas, os socios doo Bipartito –PSOE e BNG- amosáronse inflexibles, negando calquera posibilidade de sacar adiante esta proposta.