27 enero 2009

Touriño "carece de credibilidade para falar de emprego despois de acreditar, por partida dobre, que PSOE equivale a paro, en Galicia e en España"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Nova acusación del PP : O anuncio efectuado onte polo candidato socialista á Presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, puxo de manifesto que o bipartito, ao igual que Zapatero descoñece como facer fronte á crise económica. Só así pode interpretarse que Touriño anuncie a creación de 40.000 novos postos de traballo despois de que as políticas do seu Goberno provocasen 35.000 novos desempregaos en Galicia no ano 2008, segundo datos oficiais do Paro rexistrado.

Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG, cuestiona que o candidato socialista se sirva das institucións autonómicas e dos recursos públicos para organizar postas en escea como a que tivo lugar onte na residencia oficial de Monte Pío. Touriño efectuou un anuncio inverosímil, que pon de manifesto que o bipartito está esgotado e sen ideas coas que superar o descalabro económico que contribuíu a acentuar con decisións como a prohibición de construír a menos de 500 metros da costa, a falta de solo empresarial, a expulsión a Portugal da maior empresa de acuicultura do mundo, o despilfarro de recursos públicos, adxudicacións irregulares de concursos públicos, ou o sectarismo que caracteriza decisións como o concurso eólico.

Por iso, o PPdeG considera que a Touriño só lle resta desdecirse de afirmacións anteriores, como cando declarou que Galicia estaba a salvo da crise económica porque militaba na liga da estrelas. Milite ou non nesa liga, o certo que que, nos últimos tres meses, o paro aumentou xa a maior ritmo en Galicia ca en España, un feito que perciben con claridade todos os cidadáns, e que fai ver con receo anuncios como o efectuado onte por Touriño.

En opinión de Ruiz Rivas os resultados da xestión do Goberno de Zapatero no conxunto do Estado e do bipartito en Galicia nos últimos catro anos restan toda credibilidade a calquera anuncio que Touriño poda efectuar en materia de emprego xa que volveu quedar demostrado, por partida dobre, que “PSOE equivale a paro, en Galicia e en España”.