A ESTRADA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra concedeu 4.500 euros á Asociación de Veciños de Santa Cristina de Vea (A Estrada) para tellar a igrexa da localidade. O actual tellado atópase moi deteriorado con tellas levantadas ou rotas, o que fai que se filtre auga no interior cando chove e venta no inverno. Esta situación provoca o deterioro do interior deste templo incluido no catálogo de arquitectura relixiosa da Xunta e xenera unha grande humidade.
A axuda da Deputación para restaurar este elemento do Patrimonio de A Estrada está incluida no Programa de Acción Comunitaria (PAC) do ano 2008.
Con cargo a este mesmo programa, a Deputación aprobou a concesión de 1.000 euros para o arranxo dos tres cuartos de baño da escola de Frades e para o traslado de auga do pozo ata eles e ata a cociña do local. A vella escola de Frades é o único local de uso comunitario desta parroquia estradense que conta con 183 veciños e 7 lugares.
Finalmente, e tamén con cargo ó PAC, a Asociación de Mulleres Rurais de San Miguel de Castro (A Estrada) recibirá outros 1.000 euros para dotacións do seu local social. En concreto, para equipalo para realizar actos socio-culturais, efectuar diversas melloras, e adquirir unha encimera e unha campana para usos dos 350 beneficiarios dos actos que celebra a asociación.