31 octubre 2008

PINTADO DUN GRAN MURAL NO ESPIGÓN DO PORTO DE A GUARDA

A GUARDA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra resolveu conceder ó Concello de A Guarda unha achega de 6.000 euros, que supón o 50% total da operación, para contribuír a embelecer o espigón do porto municipio, mediante o pintado dun gran mural no espigón do porto có obxecto de mellorar a súa estética sobre o paisaxe para convertelo nun novo recurso cultural de primeira magnitude.
O pintado artístico do mural do porto realizarase, nos meses de verán, en colaboración entre o artista responsable da actividade e cidadáns afeccionados ás Artes Plásticas.
Esta axuda englóbase no Programa de Acción Municipal. Segundo as bases reguladoras do PAM para o exercicio de 2008, a subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, de xeito que non se pode modificar o destino nin a contía da partida.
As obras que se acollan a este plan deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2009, de non ser así, procederase á anulación da subvención concedida. Ademais, os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento o proceso de execución dos traballos.
Son os alcaldes de cada concello quen deciden qué actuacións son as máis necesarias para executar nos municipios dentro do Programa de Acción Municipal. O reparto para calcular a dotación que lle corresponde a cada entidade municipal establece un peso do 50 % do criterio poboacional e un peso doutro 50 % do criterio territorial.