VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por mar de fondo e mar de vento que afectará ás augas costeiras das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra a partir do mediodía de mañá. O mar de fondo, de compoñente noroeste, poderá acadar os 4 ou 5 metros de altura e o mar de vento dará lugar a áreas de mar moi grosa, o que motivará, segundo as prediccións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a activación da alerta laranxa.
Igualmente, agárdase a presenza doutro fenómeno meteorolóxico adverso de baixa intensidade (nivel de alerta amarelo) provocado polo vento, que afectará aos concellos costeiros a aos puntos altos do interior de Galicia. Seguindo as informacións recibidas do Centro Meteorolóxico Territorial da AEMET, o vento en terra soprará en dirección noroeste con refachos que poderán acadar os 80 Km/h.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, alertou aos concellos costeiros das provincias afectadas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia e aos clubs náuticos. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Dirección Xeral de Protección Civil tamén quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción, como evitar achegarse a diques ou rompentes -co fin de previr un eventual golpe de mar- e retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras. Así mesmo, aconséllase aos conductores adecuar a velocidade ás condicións das estradas. Por outra banda, recoméndase consultar a información actualizada sobre o estado das estradas e a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.