VIGO (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, referiuse ao Plan Sectorial de Zona Residencial que hoxe presentou en Vigo, xunto á conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, como un “exercicio de imaxinación dende o poder democrático” e unha mostra de como se pode e debe poñer o autogoberno ao servizo do benestar dos cidadáns. Dixo que é un plan necesario especialmente no momento actual. “Non partimos dunha situación boa, xa que entre o ano 95 e o 2007 o prezo da vivenda libre subiu un 146% e boa parte desa vivenda construída neste período non foi utilizada por cidadáns que accedían por primeira vez a unha vivenda senón como segunda residencia ou con perspectiva de investimento especulativo”, explicou Quintana.
Tamén dixo que neste tempo se perdeu o sentido social da vivenda para convertelo nun mercado especulativo sen beneficio social do que deriva a crise actual. Fronte a iso, o vicepresidente avogou por poñer en marcha un novo modelo económico tamén en materia de vivenda porque “é un dereito dos cidadáns”. Concretou que este Plan Sectorial pretende “que haxa vivenda ao servizo da xente e evitar que siga habendo xente ao servizo das vivendas”, insistiu.
Ao mesmo tempo, dixo que a crise coloca a un sector importante para a economía do país como é o da construción nun momento complicado polo que dixo que este Plan pretende incidir en dous ámbitos: por unha banda, pretende dotar de carga de traballo ao sector da construción que tradicionalmente xerou emprego, e doutra banda, trata de colocar no mercado vivenda a prezo taxado para que as persoas con menos recursos poidan acceder a unha vivenda. Quintana recalcou que se trata dun “exercicio de imaxinación”, xa que, por primeira vez no Estado, un goberno autonómico usa as súas competencias para incidir no mercado do solo e aplicar unha fórmula urbanística que estaba na lei pero que era necesario aplicala. Quintana sinalou que “existen exemplos en todo o Estado de grandes plans de vivenda, seguramente ben intencionados e coa intención de cumprilos, pero que sempre esquecen algo evidente: as vivendas constrúense sobre solo, non sobre o aire e se non hai solo non hai vivenda”, apostillou. Por iso, lembrou que dos 315 concellos de Galiza, só 26 teñen neste momento planeamento urbanístico aprobado e adaptado á normativa e mesmo algúns dos que teñen planeamento, non teñen a necesaria reserva de solo para vivendas protexidas. “Se nos guiamos por isto, por moi boa que fose a intención do Goberno galego, sería imposible facer nada, e por iso con este Plan imos poñer en marcha unha fórmula que lle permite á Xunta de Galicia usar as súas competencias para cualificar solo residencial para vivendas protexidas mesmo en concellos que non teñen planeamento urbanístico, isto é a imaxinación ao servizo do poder democrático”, insistiu.
Ademais, o vicepresidente dixo que é bo que Galiza sexa pioneira na materia; e, por outra banda, considera que o Plano Sectorial “é importante tamén pola inxección económica que supón en momentos como os que estamos a vivir”. Explicou que comprende 97 actuacións en 57 concellos de todo o país, de cualificar 8,7 millóns de metros cadrados para uso residencial en vivendas protexidas e dun investimento de 1.530 millóns de euros. “Pero o bo é que este é un investimento radial porque cando se constrúe unha vivenda ponse en marcha todo un mecanismo que abrangue o conxunto da sociedade e que da traballo a medianas e pequenas empresas”, explicou que o investimento do Plan promoverá un volume de negocio de más de 4.500 millóns de euros e máis de 300.000 postos de traballo.
Quintana sinalou tamén que o Plan ten unha efectividade económica e social importante nun momento de crise como a actual, “constatado o fracaso da teoría do mercado libre para a vivenda ábrese o paso a un novo mercado no que a intervención pública garante que a xente poida ter acceso a unha vivenda, este é o cambio, facemos política para remover estruturas e construír unha nova historia para o país, unha historia que terá o seu papel en Vigo”, dixo o vicepresidente. Tamén concretou que o plan serve para construír espazos para vivir, polo que “en realidade chamaríalle Plan Sectorial para crear espazos para vivir”, porque, segundo Quintana prevé, ademais de vivendas, equipamentos e zonas verdes e servirá para construír cidade. Así mesmo, Quintana comentou que é unha boa oportunidade para sumar esforzos entre as institucións e o sector público e privado, “cada un no seu papel, o público definindo estratexias e regras e o privado con capacidade de xestión e de traballo”, sinalou.
O vicepresidente finalizou a súa intervención parafraseando a Castelao e pedindo “que ninguén cometa o erro de poñerlle tachas a obra antes de que estea rematada, xa que hai espazo para todos”, concluíu.
Área de Vigo
O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial vai supor a construción de 15.200 novas vivendas na área funcional de Vigo. Levaranse a cabo en concreto 28 actuacións para construír 15.200 vivendas distribuídas entre 15 concellos: Cangas, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mos, As Neves, Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Vigo, onde se localiza o 62% das vivendas previstas.
Dentro do Plan Sectorial determináronse as necesidades de solo esta área funcional de Vigo, que se cuantificaron en 59.000 vivendas, co que tendo en conta este dato, co Plan vaise atender o 26% desta demanda, superándose así o obxectivo inicial do 20%. Ademais da construción de 15.200 vivendas, as actuacións do Plan Sectorial comprenden tamén 917.000 metros cadrados destinados a zonas verdes, máis de 9.400 metros cadrados para viais e aparcadoiros e 352.000 metros cadrados para dotacións e equipamentos públicos. O orzamento previsto para todos estes proxectos é de 640 millóns de euros.