MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A Comisión de Xustiza do Senado aprobou este mediodía, coa abstención do PSOE, unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que insta ao Goberno a crear xulgados específicos de violencia de xénero en Ourense, Lugo e Ferrol.
En concreto, a iniciativa do BNG insta “ao Ministerio de Xustiza a crear durante o próximo ano de 2009 xulgados exclusivos para atender as denuncias por violencia de xénero nos partidos xudiciais de Ourense, Lugo e Ferrol”.
Ademais, a moción aprobada hoxe precisa que “a posta en funcionamento destes xulgados debe levarse a cabo polo Ministerio de Xustiza á marxe das 9 unidades xudiciais de nova creación que lle corresponderon a Galiza para o próximo ano”.
Situación de desbordo nos xulgados galegos
Pérez Bouza criticou que a proposta actual do Ministerio de Xustiza para 2009 “é irreflexiva e carente de rigor, xa que non contempla a creación de xulgados exclusivos de violencia de xénero, comarcalizados ou non, en Ourense, Lugo e Ferrol, sen ter en conta a carga de traballo e a situación na que están inmersos os xulgados de instrución ordinarios destes partidos xudiciais, que na actualidade están asumindo estas funcións”.
Así, lembrou que o xulgado de instrución número 3 de Ourense, que tamén é competente en materia de violencia contra a muller, rexistrou unha entrada de 6.326 asuntos, polo que, a pesar do grande esforzo dos funcionarios e das medidas de reforzo postas en marcha pola Xunta de Galiza, o número de casos pendentes elevouse dos 1.290 que tiña a comezos de 2007 aos 1.929 procedementos pendentes na actualidade.
Subliñou que a situación “é especialmente alarmante en Ourense, xa que recentemente abríuselle un expediente a un funcionario deste xulgado por suposta irresponsabilidade na caducidade de varios expedientes xudiciais, cando “o traballador é un funcionario exemplar e a verdade causa é a situación de desbordamento que padece o xulgado”.
Igualmente, lembrou que o xulgado de instrución número 3 de Lugo incrementou a súa pendencia nun 170%.
Ourense, Lugo e Ferrol cumpren os criterios para teren estes xulgados
Neste sentido, o senador do BNG advertiu de que “non vale a desculpa do Ministerio de Xustiza que pretende xustificar a non creación de xulgados de violencia de xénero en Ourense, Lugo e Ferrol asegurando que están a anos luz do ratio de 1.200 dilixencias previas anuais que establece o Consello Xeral do Poder Xudicial”.
Pérez Bouza subliñou que “ese é un tope máximo, pero non existe un tope mínimo” e demostrouno revelando que “as dúas terceiras partes dos xulgados exclusivos de violencia de xénero que se levan creando no Estado español non chegaban, nin como moito, ás 1.200 dilixencias previas”.
Así, e segundo os dados das estatísticas anuais do propio Consello Xeral do Poder Xudicial, Paterna tivo 340; Torrent 552; Badajoz 441; Parla 396, Getafe 462; Arganda de Rey 347; Logroño 477 ou Oviedo 281 dilixencias previas.
Por iso, o senador do BNG insistiu na necesidade de que o Ministerio de Xustiza “teña en conta outras variábeis, tales como a situación de colapso na que se atopan os xulgados de instrución ordinaria que tramitan tamén causas de violencia de xénero, ou as xornadas que guardia que teñen que realizar os profesionais destes xulgados”.