VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por vento en mar, mar de fondo e mar de vento que afectará ás augas costeiras das provincias da Coruña e Lugo a partir das 14.00 horas de mañá, xoves. O vento en mar de compoñente oeste a noroeste poderá acadar forzas de 7 a 8 e o mar de fondo superará, previsiblemente, os 4 metros de altura, o que motivará, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a activación da alerta laranxa.
Segundo as informacións recibidas do Centro Meteorolóxico Territorial da AEMET, este episodio de meteoroloxía adversa completarase cun fenómeno de mar de vento, que dará lugar a áreas de mar moi grosa, especialmente entre os cabos de Ortegal e Bares.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informará aos concellos das provincias afectadas e aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicas. Tamén se avisará da situación aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, aos clubs náuticos e ás empresas que pola súa actividade poidan verse afectadas. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Dirección Xeral de Protección Civil tamén quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción como evitar achegarse a diques ou rompentes nos que o mar poida arrastrar persoas ou vehículos.
Por último, recoméndase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.