PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- «Todo Valle-Inclán en Roma» do Grupo de Investigación Cátedra Valle-Inclán da USC é o traballo gañador do Premio de Investigación Valle Inclán convocado pola Deputación Provincial e o Concello de Vilanova dotado con 18.000 euros e que será divulgado a través da súa publicación. Integran este equipo Margarita Santos Zas; Sandra Domínguez Carreiro; Rosario Mascato Rey; Catalina Míguez Vilas; Carmen Elena Vílchez Ruiz; Cristina Villarmea Álvarez; Franca Martínez Rodríguez; e coa colaboración de Ángeles Gómez Abalo.
Asemade, tras unha exhaustiva análise do contido dos traballos presentados, os membros do xurado acordaron por unanimidade conceder un primeiro accésit de 4.000 euros ó traballo titulado «La revolución espectacular. El teatro de Valle-Inclán en la escena mundial» presentado por José María Paz Gago; e un segundo accésit de 2.000 euros ó traballo denominado «La Galicia arcádica de Aromas de Leyenda. Huellas de la pastoral clásica en el primer poemario de Valle-Inclán» presentado por Soledad Pérez Abadín Barro.
Con esta iniciativa os expertos pretenderon premiar as ideas innovadoras, orixinais e novidosas no trato da temática. Do mesmo xeito, acordaron por unanimidade Salientar a altísima calidade de todos os traballos presentados a esta edición do “Premio Valle-Inclán”. Sobre este respecto, o vicepresidente, José Juan Durán destacou que “o nivel de calidade das obras presentadas na presente edición, no seu conxunto, foi o máis importante dos últimos anos”.
O xurado cualificador do Premio Valle Inclán estivo conformado por José Juan Durán, vicepresidente da Deputación e presidente da Comisión de Cultura, Xosé Mª García Palmeiro, representante do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta De Haz, vicepresidente da Fundación Penzol, Carlos Arias Iglesias, representante da Consellería de Cultura e Deporte, Antonio Ponte Far, representante de la Fundación Valle-Inclán, e Benito Leiro Conde, periodista.
Historia do premio
O premio Valle-Inclán foi constituído no ano 2004 co obxecto de difundir e promover a vida e obra do autor de «Luces de Bohemia» e para afondar, a través de estudos rigorosos e de prestixio académico, en distintos aspectos da súa biografía e traballo literario.
O Gañador da primeira edición foi o profesor da Universidade de Miño, Xaquín Núñez Sabarís co traballo «Valle Inclán en el fin de siglo. Estudio crítico de Femeninas». No 2005 o galardón recaeu en Euloxio R. Ruibal polo estudo «Valle Inclán e o teatro galego».
No 2006 gañaron ex aequo ó profesor da Universidade de Santiago, Anxo Abuín co estudo «La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: una aproximación a la dramaturgia de Valle Inclán desde la estética del silencio» e a especialista no teatro valleinclaniano, a investigadora francesa Elianne Lavaud-Fage con «Valle Inclán, ¿un sistema literario?».
A entrega do premio realizarase no mes de novembro, nunha data que se determinará proximamente.