PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Subdelegación do Goberno en Pontevedra viuse obrigada a retirar unha sanción administrativa imposta a dous mozos pontevedreses que participaran nunha concentración diante da sede local da COPE. Nestes días comunicóuselles ós implicados o arquivo da denuncia ante a ausencia de “indicios obxectivos”, segundo recolle o expediente.
O Movemento polos Dereitos Civís denunciara no seu momento o caso coma un máis dos intentos da Subdelegación por restrinxir o lexítimo dereito de reunión e controlar as mobilizacións sociais. Os mozos foran abordados por dous axentes unha vez disolta a manifestación, e sancionados posteriormente coa desproporcionada cantidade de 1100 euros, coma supostos “promotores-organizadores” da mesma.
O MpDC considera a resolución do caso un avance cara a consolidación dun dereito fundamental, recentemente agredido coa apertura de expedientes administrativos por parte da Subdelegación do Goberno en Pontevedra ós cidadáns que nos últimos meses promoveran mobilizacións sociais. Cómpre lembrar -lembra o MpDC- que as concentracións non precisan dunha autorización, segundo a lexislación actual, senón que basta cunha notificación á Subdelegación correspondente no caso de que se xunten no mesmo lugar máis de 20 persoas.
Sanción inxustificada
Máis de 500 persoas participaron no pasado mes de abril nas manifestacións convocadas en defensa da lingua polo Movemento polos Dereitos Civís diante das emisoras da COPE das sete cidades galegas. Os axentes achegáronse ós mozos denunciados, un dos cales nin sequera participara na concentración, ó remate da manifestación en Pontevedra, e solicitáronlles que se identificaran. Un dos implicados negouse e foi trasladado á comisaría, onde, denunciou, sufriu un trato vexatorio e viu vulnerados os seus dereitos lingüísticos.
O Goberno galego cualificou no seu momento de “intolerable” o feito, e desexou unha resolución axeitada mediante vía xudicial ou administrativa, coma sucedeu efectivamente. O MpDC espera que a retirada da sanción supoña un xiro decisivo na actitude da Subdelegación, e que poña fin á política de sancións administrativas para os participantes en manifestacións e ó recorte dos dereitos e liberdades dos cidadáns.