27 octubre 2008

O 061-GALICIA ASISTIU A 95 PERSOAS EN 76 PROCESOS DE ASISTENCIA POR ACCIDENTES DE TRÁFICO NA FIN DE SEMANA

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia -061 asistiu durante a fin de semana a un total de 95 persoas debido a 76 procesos de asistencia por accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres 24 de outubro, ata as 23:59 horas do domingo 26 de outubro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 36 procesos asistenciais.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 95 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 76 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 95 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 65 por cento e a de mulleres do 35 por cento. No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 54 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 34 anos.
Por provincias foi a de Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 33 sinistros durante os desprazamentos destas datas.