A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Según anunciou este mediodía a Alcaldía, os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2009 contemplan unha partida de 100.000 euros para a redacción do proxecto de multiusos na Guarda, dotación que se lle solicitara ó Presidente da Xunta cando visitou oficialmente este Concello a primeiros de ano.
Daquela, o Presidente afirmou que impulsaría os proxectos que este pobo precisara. Posteriormente, na visita da Concelleira de Ordenación do Territorio empezou a concretarse esta iniciativa co encargo, por parte da Delegación Provincial, dun anteproxecto que definira as liñas mestras da instalación pretendida, traballo que está a levarse a cabo nestes intres. Agora dase un paso máis dotando presupostariamente a redacción do proxecto.
A Alcaldía da Guarda referiu tambén que está decidida a ubicación do mesmo. Será nunha parcela rotacional que hai na urbanización do Castelo de Santa Cruz e que é froito dunha concesión de dita urbanización. Ten algo máis de sete mil metros cuadrados e está situada entre o castelo e a rúa Donantes de Sangre, mirando ó mar. O técnico redactor do anteproxecto traballa en contacto con Patrimonio na procura dun edificio que por estética e volume armonice perfectamente co entorno e que estaría situado na parte máis baixa da parcela.
"Dende o goberno municipal mostramos a nosa satisfación, que é a de moitos guardeses e guardesas que, cada vez que hai un acto dunha certa magnitude no Centro Cultural, manifestan o que todos sabemos, que é insuficiente por pouco aforo, por ter un escenario pequeno. A actividade cultural guardesa, as nosas asociacións, merecen unha infraestructura axeitada ás súas necesidades que non tardarán en ter", explicou o alcalde Domínguez Freitas.