PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O deputado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, presidiu na Sala de Comisións do Pazo da Deputación, acompañado de representantes dos clubs, o sorteo da rolda de dezaseisavos de final da III Copa de fútbol da Deputación, que repartirá 65.000 euros entre os 36 clubs participantes.
O sorteo puro dos emparellamentos, que se disputarán a partido único, deparou os seguintes enfrontamentos: Choco-Vilalonga, Rápido de Bahía-Cambados, Coruxo-Caselas, Lalín-Areas, Bouzas-Marín, Alondras-Nigrán, Bouzas-Marín, Alondras-Nigrán, Gran Peña-Moraña, Alerta-Tomiño, Arcade-Moaña, Mos-Portonovo, Pontellas-Porriño, Céltiga-Cristo da Victoria, Cruceiro-Sanxenxo e Pontevedra-Eiriña.
Os vencedores da eliminatoria previa, —que enfrontará entre si a Ribadumia-Grove e Progresista-Gondomar dunha banda e, doutra, a Deiro-Caldas e Estradense-Arousa—, disputarán tamén a rolda de dezaseisavos deste torneo.
Calendario
Esta eliminatoria previa disputarase na primeira quincena de novembro. Os dezaseisavos terán lugar en decembro. Os oitavos de final, en xaneiro. Os cuartos de final se xogarán no mes de febreiro. Semifinais e final, decidiranse entre os clubs e a Deputación Provincial.