VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar unha demanda contra a Delegación do Goberno en Galicia, apelando a negativa desta institución a retirar as cámaras de videovixilancia instaladas dende hai dous anos e sen autorización previa no exterior da Casa Consistorial de Ares. No escrito presentado perante o xulgado contencioso administrativo nº 2 de A Coruña, o MdPC reitera que o proceso de instalación das videocámaras se fixo ignorando todas as garantías previstas pola lei Lei 4/1997, que regula o uso das mesmas, e sen solicitar a preceptiva autorización. Ó mesmo tempo, a asociación considera desproporcionada a utilización dun dispositivo que lesiona os dereitos fundamentais á intimidade, á honra e á propia imaxe simplemente para evitar unha posible realización de pintadas no edificio, e solicita a retirada das cámaras por parte da administración.
Cómpre recordar que a Lei 4/1997, do 4 de agosto, recolle a obriga de someter as instalacións de cámaras a un réxime de autorización por parte da Delegación, previo informe da Comisión de Garantías de Videovixilancia. O MpDC , ó coñecer en 2006 as intencións do concello de Ames de instalar un dispositivo na casa consistorial, presentou escritos perante a Delegación do Goberno e ante o Defensor e o Valedor do Pobo para comprobar se foran solicitadas as pertinentes autorizacións. Das respostas das distintas institucións aprendeuse que a autorización por parte da Delegación do Goberno se producira a posteriori da instalación propiamente dita, vulnerando desde xeito o procedemento legalmente establecido. É por iso que a demanda solicita a nulidade de pleno dereito da autorización da Delegación do Goberno, como prevé a Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas, no caso de actos administrativos sen instrucción previa de procedemento ou que seguiran un procedemento distinto ó previsto.
Ilegalidade do procedemento e vulneración de dereitos
O Movemento considera na súa demanda que ó autorizar a posteriori a instalación das cámaras, a Delegación dictou unha resolución claramente favorable ó Concello de Ares, incorrendo nunha desigualdade de trato na aplicación da lei. Segundo se deduce do artigo 14 da Constitución, o mesmo órgano non pode modificar arbitrariamente o sentido das súas decisións en asuntos substancialmente iguais e está obrigado a razoar e fundamentar os cambios que realiza respecto a resolucións precedentes. O MpDC entende que a Administración fixo un uso arbitrario do seu poder de decisión, violando e vulnerando o principio de seguridade xurídica regulado no artigo 9 da Constitución Española, posto que en ningún caso é libre de non esixir a autorización previa fixada pola normativa. "Ó ignorar as formalidades do procedemento a Delegación converteu unha actuación regrada (a concesión ou non da autorización) nun acto puramente arbitrario, coa conseguinte vulneración de dereitos fundamentais e a indefensión do recorrente".
Por outra banda, o Movemento polos Dereitos Civís desexa facer fincapé "non só na ilegalidade do proceso de instalación das videocameras, senón tamén e sobre todo na desproporcionalidade deste recurso e nas lesión de dereitos fundamentais que o seu uso comporta". O emprego das cámaras, segundo recolle a Lei 4/1997 xa citada, debe ser sempre proporcionado, dado o seu potencial de inxerencia na intimidade das persoas. Así, é necesario que sexan respectados os criterios de idoneidade e intervención mínima, é dicir, as cámaras deben ser susceptibles de garantir a seguridade cidadana, sen que existan medidas mais moderadas para a consecución de tal propósito con igual eficacia, e, sobre todo, debe existir unha ponderación entre a finalidade perseguida e a posible afectación pola utilización da cámara dos dereitos á honra, á propia imaxe e á intimidade. No caso do concello de Ames, resulta evidente que carece de xustificación algunha lesionar dereitos fundamentais polo mero feito de evitar a realización de pintadas.
O Movemento polos Dereitos Civís, apoiándose en todos estes argumentos, espera conseguir finalmente a retirada das cámaras da Casa Consistorial. A asociación seguirá denunciando a instalación ilegal de dispositivos de vixilancia, e invita ós concellos galegos a dotarse de medidas alternativas que resulten menos lesivas dos dereitos e liberdades individuais e se adecúen mellor á súa finalidade.