29 octubre 2008

Copa do Rei : o Celta non pasa do empate co Espanyol (2-2)

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Dous erros, dous despistes e... en boa lóxica foise o soño copero, ainda que resta todavía o xogo de volta no Montjuich. O caso é que o Celta empatou 2-2 co Espanyol, marcador final que deixa á turma celeste nunha situación moi complicada para avanzar no torneo da Copa do Rei.
Foi o Celta -que xogou con moito entusiasmo- quen se adiantou no marcador co primeiro gol, obra de David Rodríguez, pero tamén foi o equipo celeste o que volveu conceder dous goles dos chamados de despiste e todo en apenas dous minutos servindo isto para que o Espanyol dése a volta ao partido.
Ainda así, a melloría do Celta na segunda parte non foi válida, despois do empate de Roberto Lago e un remate de Peña ao traveseiro ao final do partido, para conquerir o ansiado triunfo. 2-2 resultado final despois de 4 minutos de prolongamento.
2-R. C. Celta de Vigo: Falcón; Edu Moya, Rubén, Peña, Roberto Lago; Oscar Díaz (Maris, m.82), Rosada, Danilo (Dani Abalo, m.67), Renán (Jonathan Vila, m.61) ; Trashorras, David Rodríguez.
2-R.C.D. Espanyol: Cristian; Sánchez, Moises, La Cruz, David García (Bernaguer, m.77); Rufete, Lola, Román (Corominas, 77) , Valdo; Jonathan (Angel, m.67) Callejón.
Goles: 1-0. m.10. David Rodríguez. 1-1. m.21. Callejón. 1-2. m.25. Valdo. 2-2. m.76. Roberto Lago
Árbitro: Turienzo Álvarez (colexio castelán-leonés). Amonestó con carton amarelo aos xogadores do Celta, Peña, Rosada, e ao espanyolista David García.
Incidencias: xogo correspondente a fase de ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei, disputado no municipal de Balaídos ante 6.642 espectadores, según indican os datos da responsable de Márketing do Celta.