VIGO (MORRAZO-tribuna) .- No décimo aniversario do seu pasamento, mañá 31 de outubro ás 13 horas, no edificio dos Xulgados, terá lugar unha homenaxe ao xuíz Orencio Pérez González, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG explica que con esta homenaxe darase cumprimento un acordo plenario de 1999 polo que se acordou aprobar por unanimidade unha moción conxunta na que se acordaba dar o nome de "Praza do Xuíz Orencio Pérez González" ao espazo situado fronte ao edificio dos xulgados da rúa Lalín de Vigo.
“O acto, que tamén incluirá a colocación dun busto do xuíz, quere recoñecer o traballo desenvolvido por Orencio Pérez González como impulsor da lingua galega no ámbito xudicial”, subliña o concelleiro nacionalista. Así, o acordo plenario do 25 de xaneiro de 1999, sinala que Pérez González foi “un galego comprometido coa súa terra, a súa cultura e a súa lingua”, así como un “animador incansable da normalización lingüística no ámbito xudicial”. Como impulsor da utilización da lingua galega no ámbito xudicial, redactou as súas sentenzas en galego (2.856 sentenzas), e ten na historiografía da lingua galega un posto importante, “ao carón do Cura de Fruime, de Xoán Manoel Pintos, de Lamas Carvajal e tantos outros, todos eles dunha obra literaria quizais menor respecto doutros, pero decisiva no rexurdimento cultural de Galicia”.
A actividade iniciarase ás 13:00 horas cun acto académico no edificio de Xulgados (rúa Lalín, 4), no que participarán ademais do concelleiro de Cultura, o maxistrado da Audiencia, Xosé Xoán Barreiro Prado; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varla García, o presidente da Asociación de Funcionarios, Xoaquín Monteagudo Romero, o xefe superior de Policía de Galicia, Luís M. García Mañá, o decano do Colexio de Avogados, Alfonso Álvarez Gándara. Ademais, terá lugar a descuberta dun busto de bronce sobre pedestal de granito do país na propia praza Xuíz Orencio Pérez González, diante do edificio de Xulgados). Así mesmo, no acto presentarase o libro “Orencio Pérez González, a vocación galeguista dun xuíz” editado para homenaxear ao maxistrado no décimo aniversario do seu pasamento, co gallo da descoberta do seu monumento e no que se recolle unha escolma de artigos do xuíz publicados no Faro de Vigo sobre diversos temas e diversas colaboracións e prólogos.