MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, demandou esta tarde ao Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Fernando Puig de la Bellacasa, que o Consello de Linguas, creado recentemente no seno do Ministerio de Admininstracións Públicas, vixíe e controle o cumprimento das normas lingüísticas do galego por parte da Administración do Estado.
O alto cargo do Ministerio de Administracións Públicas comparecía esta tarde no Congreso para explicar as liñas xerais de actuación do seu departamento. A deputada do BNG cualificou de positiva a constitución do Consello de Linguas no seno deste departamento, e tamén respaldou a decisión de levar a cabo un estudo para analizar o grao de cumprimento do bilingüismo no marco da Administración Xeral do Estado.
“Son moitas as ocasións nas que o BNG se ten dirixido ao Goberno para pór de manifesto e denunciar as constantes vulneracións dos topónimos de Galiza e das normas lingüísticas establecidas por parte de Ministerios, organismos institucionais ou departamentos oficiais. Por iso, consideramos como moi opurtuno a creación deste órgao”, sinalou Davila.
En atención á demanda do BNG, o Secretario de Estado amosou a súa “disponibilidade absoluta”.
Transferencia de competencias pendentes
A deputada do BNG aproveitou a comparecencia do responsábel de cooperación territorial parar preguntarlle pola transferencia a Galiza de competencias pendentes e acordadas desde decembro do ano 2007. Lembrou que no marco da Comisión Bilateral Xunta-Estado se acordou o traspaso de 9 competencias a realizar nos meses vindeiros. “Pero polo de agora só se efectivizaron 4 desas competencias e están pendentes aínda 5 delas”. Urxíu a completar este paquete competencial, e lembrou que esta cuestión foi incluida no acordo entre o BNG e o Goberno sobre os Orzamentos Xerais do Estado 2009.
Fernando Puig respostou á Davila que “efectivamente temos un proceso de transferencias en marcha e ten froitos interesantes”, salientando que se trata de competencias de moitos interese para Galiza. Asegurou á deputada do BNG que o “traballo vai continuar, temos vontade de culminar o que xa se está a traballar co obxectivo de que a Comisión Mixta se reúna antes de Nadal”.