PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou hoxe adxudicarlle á empresa Pavimentos de Meaño a obra de dotación de beirarrúas e servizos á estrada provincial Sanxenxo-Meaño (tramo Lores-Concello de Meaño). O importe desta actuación ascende a 246.756,18 euros. Na súa oferta, a empresa adxudicataria ofertou un prazo de execución de tres meses e melloras valoradas en 12.423 euros.
As obras comprendidas no proxecto consistirán na demolición e levantado de firmes, nivelación e compactación. Na colocación de 1.215 metros liñais de tubaría de pvc, de 35 pozos de rexistro e 35 sumidoiros sifónicos.
Así mesmo instalaranse bordiños na beirarrúa e 35 farois. Finalmente, tamén se prevén partidas para conexións á rede xeral. O prazo de execución será de nove meses.