VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Comisión de Ciencia e Innovación do Congreso dos Deputados aprobou hoxe, por unanimidade, a proposición non de lei do BNG que insta ao Goberno a reforzar economicamente o Plano Nacional de I+D+I co obxecto de impulsalo e a garantir un financimento universitario suficiente e estabél.
O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, aceptou transaccionar un acordo co grupo socialista xa que en nada variaba o fundamental da proposición nacionalista que esta mañá era obxecto de debate e votación na Comisión de Ciencia e Innovación.
Asegurar o financiamento do Plano I+D+I, da Universidade e dignificar a carreira investigadora
O acordo aprobado empraza ao Executivo a cuantificar o esforzo económico do Plano Nacional de I+D+I tendo en conta, “se o ciclo económico o permite, a aproximación a 40.000 millóns”.
Ínstase ao Goberno a garantir “no marco das súas competencias” un financiamento universitario suficiente coas seguintes condicións: desenvolver un novo marco xeral para o financiamento das Universidades en colaboración coas Administracións competentes que permita un incremento das aportacións económicas estructurais que as CC.AA deben aplicar; apostar polo aumento do financiamento através do impulso dos contratos-programa, e avaliar o custe que terá para o sistema universitario a integración no sistema Europeo de Educación Superior, de xeito que se asegure a correspondente dotación.
Por último, inclúese un punto para mellorar a situación da carreira científica e investigadora, de xeito que se precisen as etapas de formación, incorporación e consolidación no sistema de ciencia e innovación.
Aproximarse ao I+D+I de países do entorno europeo
Na súa intervención, Jorquera puxo de manifesto que esta iniciativa redunda en tres grandes aspeitos: no impulso do I+D+I, na necesidade de dignificar a carreira científica e investigadora, e garantir o financiamento suficiente e estábel do sistema universitario.
Precisamente, recalcou, “un dos grandes reptos da actual economía é ir cara unha economía productiva”. Sinalou que o BNG non comparte que para acceder a estes obxectivos só se faga desde o eido das empresas e da iniciativa privada, son necesarios os recursos públicos, “é preciso que os poderes públicos impulsen o proceso, apostando por políticas de fomento da innovación e o coñecemento”.
Explicou que esa é a razón pola que o BNG demanda 40.000 millóns máis para o Plan Nacional I+D+I 2008-2011, “é un obxectivo realista para poder aproximarnos ao peso que o I+D+I ten nos países do entorno”. Lembrou que nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009 se contempla un medre de 3,6% respeito ao ano anterior, “unha minorización que se debe á crise pero, advertiu, en futuros exercicios o Goberno deberá correxir esta cuestión”.
Respeito ao financiamento universitario, puxo de relieve a necesidade dun axeitado financiamento porque “é o principal instrumento da economía baseada no coñecemento”. Outro dos aspeitos nos que redundou na súa iniciativa é o relativo á carreira científica e investigadora. “É básico dignificar a carreira científica sempre caracterizada pola precariedade, precisa de maior estabilidade”.