PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG, a través da súa Responsábel Comarcal, Sandra Arauxo, informou da consecución, nos orzamentos do Estado, de 3,5 millóns de euros para O Condado. A cantidade forma parte dos 125 millóns logrados polos nacionalistas para Galiza logo do seu acordo co goberno que preside Rodríguez Zapatero.
Segundo Sandra Arauxo, o BNG decidíu destinar 3 millóns de euros para a futura autovía A-57 na súa conexión coa A-52. Os nacionalistas consideran este investimento fundamental para o desenvolvemento de toda a comarca, porque vai facilitar as comunicacións co resto do país por unha autovía libre de peaxe.
O BNG tamén se anota o éxito de resolver unha demanda xa histórica de toda a comarca, a mellora do enlace do Confurco-Cans que contará cunha partida de 500.000 euros no 2009, para solucionar esa conexión da A-52 coa N-120.
Ademáis destes logros, o BNG mantén aberta a negociación co Ministerio de Fomento para a realización de actuacións de seguridade vial e urbanización da N-120 nas zonas con máis densidade de poboación da comarca por onde transcurre este vial.
Os nacionalistas tampouco esquecen que “un investimento de país como os 26 millóns de euros logrados polo BNG para o AVE no tramo Pontevedra-Vigo-fronteira portuguesa tamén van beneficiar aos veciños e veciñas da Comarca”.
Sandra Arauxo destacou que “a presenza decisiva do BNG en Madrid servíu para que os 10.000 euros que criticaban antonte o PP, Nava Castro e Solla, se convertisen en 3,5 millóns de investimentos na comarca grazas ao BNG”. Segundo a responsábel nacionalista “fronte á utilidade para os galegos e galegas do BNG en Madrid que consigue máis cartos nos orzamentos do Estado, temos a un PP que nos 8 anos de goberno de Aznar e agora na oposición foi inútil e non logrou nada para a comarca do Condado”. A nacionalista lembrou que “o enlace do Confurco é unha demanda desde hai 13 anos, gobernaron PSOE e PP e non o fixeron malia as promesas de Rajoy e Fraga desde 1996 e agora cun BNG decisivo en Madrid por fin se consigue”. Arauxo lamentou que o PP “reclame agora de Madrid todo o que puideron facer en 8 anos de goberno amigo e non fixeron”.
O río Tea, de Covelo a Crecente
A nacionalista ironizou tamén sobre a proposta do PP anunciada por Nava Castro para crear un paseo peatonal no Tea desde O Covelo a Crecente. “Estamos preocupados diante da pretensión do PP de desviar completamente o cauce do Tea”.