29 octubre 2008

MELLORA DO TRAZADO E PAVIMENTO DA ESTRADA PONTEDOVAL-BARCIADEMERA

MONDARIZ (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto de mellora do trazado e da pavimentación da estrada provincial Pontedoval-Barciademera ó seu paso por Mondariz.
O importe da actuación ascenderá a 230.000 euros que irán con cargo a remanentes do Plan Provincial de Cooperación (PPC), segundo explicou hoxe o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa.
O trazado no que se prevé actual ten unha lonxitude de 500 metros e admite unha velocidade específica de 80 quilómetros hora. A actuación da Deputación terá por obxecto definir as características técnicas e valorar as obras necesarias para levar a cabo a mellora do trazado.