PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- As entidades organizadoras que solicitaran fai 6 meses a Praza Maior de Ponteareas, afirman que lograron que o alcalde Solla modificase a súa decisión, pero ameazou con non permitila no vindeiro ano : "O Alcalde quixo impedir a celebración da VI Feira de Outono", afirman os organizadores.
Os organizadores da VI Feira de Outono, do Condado, denunciaron os “intentos do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, de impedir a celebración da Feira”. Segundo a organización, “o pasado xoves o Alcalde comunícanos que non ía a permitir a celebración da Feira, poñendo diversas desculpas para disimular o capricho da súa decisión”. Solla, finalmente modificou a súa decisión, sobre a celebración dunha feira que xa vai pola 6ª edición e que sempre se celebrou na Praza Maior, no primeiro fin de semana de Novembro. A solicitude da Praza Maior para a celebración da Feira de Outono cursouse a través do rexistro xeral do Concello o pasado 19 de Maio de 2008.
Os organizadores lamentan a actitude do alcalde con respecto á Feira de Outono, poñendo cada ano atrancos para a súa celebración. Porén, as entidades organizadoras queren agradecer o apoio recibido dos comerciantes, que colaboran coa Feira.