PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vindeiro luns, 3 de novembro, o Pazo Provincial acollerá un encontro con asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra baixo a denominación <¿Como melloramos. Cóntanolo. As Asociacións de comercio falan>.
Nesta xornada, a Deputación presentaralles ós asistentes o Plan Director definitivo que determinará as accións a desenvolver por parte da Deputación para fomentar e mellorar a situación do comercio na provincia que é o segundo sector en xeración de emprego na provincia despois da construción.
O documento xa foi presentado e sometido a debate por parte das entidades comerciais nun encontro celebrado en Tui. Ademais disto, a Área de Comercio da Deputación entregoulles exemplares do mesmo ás asociacións para que tivesen a oportunidade de presentar alegacións ou propostas que permitisen enriquecer e adaptar estas accións propostas ás necesidades reais dos comerciantes. Unha vez recollidas estas suxerencias redactouse o documento definitivo con accións concretas e cun orzamento xa definido.
Accións propostas no borrador
Nunha primeira aproximación, o borrador do Plan Director propoñía como actuacións a desenvolver por parte da administración provincial o apoio á creación de Centros Comerciais Abertos; a formación e cualificación do sector para aumentar a competencia dos traballadores; o establecemento de colaboracións cos concellos para a creación de equipos técnicos e servizos integrais de apoio; e a posta en valor, rehabilitación e peonalización dos centros urbanos.
Esta actividade realízase a través da Área de Comercio da Deputación que dispón para o presente 2008 dun orzamento de 200.000 euros, partida que se destina por primeira vez solo a actividades directas do sector.
A través desta Área a Deputación dará continuidade as actividades desenvolvidas a través do proxecto europeo Mercurio (xa rematado) que tiña o obxectivo de apoiar a adaptabilidade dos establecementos comerciais de Pontevedra e das persoas traballadoras do sector ós cambios que se están a producir nos hábitos de consumo e no uso das novas tecnoloxías, incidindo na modernización do sector, na conciliación da vida familiar e laboral e na igualdade de oportunidades da muller no mercado laboral.