A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O vindeiro luns 3 de novembro escomenzan as obras de urbanización de Enrique Mª Sesto. Para causar as menores molestias posibles a tódalas persoas que transitan e viven en dita rúa e a aquelas que viven ou transitan por Transv. Enrique Mª Sesto ou A Cal a obra vai executarse por tramos.
O primeiro tramo en executarse ( a partir do día 3) é o que vai dende o cruce con Concepción Arenal ata o cruce coa rúa A Cal. Mentres se fai este tramo posibilitarase a doble circulación de vehículos no tramo superior de Enrique Mª Sesto, de tal xeito que se poderá acceder á Cal e ó Transv. de Enrique Mª Sesto con normalidade.
O segundo tramo en executarse será o superior, que vai dende o cruce coa Cal ata o cruce con Manuel Álvarez. Mentres duren as obras deste tramo, o tramo primeiro, que xa estará rematado, será de doble circulación de vehículos para acceder á Cal e ó Transv. de Enrique Mª Sesto.
En todo o período que duren as obras (mes e medio) o tráfico que procede da zona do Porto non poderá subir pola rúa Enrique Mª Sesto. Para os vehículos pequenos e medios (coches, furgóns, etc) o traxecto alternativo será por Brasilino Álvarez e Vicente Sobrino. Os vehículos grandes (camións, autobuses, etc) terán que saír necesariamente pola rúa Fdez. Albor e subir por detrás da depuradora.
Ó igual que en ocasións anteriores estamos seguros de contar coa comprensión e colaboración de todos.
Nota.- Desde o Concello da Guarda pregan encarecidamente que a partir do luns día 3 non se aparquen vehículos en toda a rúa Enrique Mª Sesto: no primeiro tramo por culpa das obras e no segundo tramo para posibilitar a doble circulación de vehículos.