VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra fixo públicas hoxe as bases de concesión de axudas para a dotación de 40 vehículos para o transporte de persoas e institucións e entidades sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos, cuxo importe global ascende a 1.200.000 euros.
Poderán ser beneficiarios deste convenio as institucións e entidades sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos que desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia e non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
O financiamento efectuarase aportando un 75% do custo de cada vehículo as tres entidades patrocinadoras, Deputación, Caixanova e Citroën, ó 25% cada unha delas, e o 25% restante a entidade beneficiaria. A inversión por cada entidade patrocinadora non superará os 300.000,00 euros.
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro da Deputación, no prazo dun mes contado a partir do 28 de outubro.
Bases de concesión
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das mesmas os seguintes criterios: Tipo de entidade beneficiaria e carácter do servizo que prestan, ata 15 puntos; urxencia na súa adquisición, ata 15 puntos; número de posibles usuarios do vehículo, ata 10 puntos; tenencia ou non de vehículos similares e antigüidade dos mesmos, ata 10 puntos; ámbito de actuación, ata 10 puntos.
Para a valoración das peticións constituirase unha Comisión que estará integrada polos seguintes membros: Presidente ou titular da Corporación ou Vicepresidente en quen delegue. Como vocais, a Deputada de Acción Social, o Deputado delegado de Deportes, un representante de Caixanova, como secretario: o titular da Corporación ou Técnico en quen delegue.
A comisión, á vista do número de peticións formuladas, poderá efectuar unha distribución do número de vehículos a asignar a cada un dos posibles grupos de beneficiarios. As propostas de concesión de subvencións serán aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial.
As entidades que resulten beneficiarias deste convenio poderán elixir, no concesionario que consideren oportuno, dentro das gamas dos modelos ofertados por Citröen, aqueles que consideren máis axeitados para as súas necesidades, aportando o 25% do custo do vehículo franco fábrica coas opcións que elixan.