29 octubre 2008

LIMPEZA E DOTACIÓN DE AGLOMERADO E ILUMINACIÓN Á ESTRADA LAMAS-MOIMENTA-VENTOSA

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto de limpeza, dotación de aglomerado e iluminación á estrada provincial Lamas-Moimenta-Ventosa ó seu paso entre os concellos de Lalín e Agolada. O importe da actuación ascenderá a 265.879 euros que irán con cargo a remanentes do Plan Provincial de Cooperación (PPC).
O plan de obras previsto contempla a limpeza de cunetas e o perfilado de paseos en 9.800 metros; a mellora do firme actual e da zona ensanchada cunha capa de rodaxe de cinco centímetros de mestura asfáltica en quente.
O período de execución de obras será de catro meses.