VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A web do BNG publica unha ampla entrevista con Teresa Táboas, conselleira de Vivenda e Solo, na que a titular deste departamento explica o fundamento social da nova Lei de Vivenda a trámite no Parlamento Galego, así como algunhas das medidas do Plano Galego de Solo Residencial.
“Esta a primeira lei de Vivenda que se fai con ese obxectivo. A vixente até agora, aprobada polo Partido Popular no 2003, falaba de vendedores e compradores, era unha lei de ámbito mercantilista que só trataba asuntos relacionados coa compravenda e en xeral tiña moitas eivas. O BNG crea unha lei galega de ámbito eminentemente social. Elévase por primeira vez a rango de lei a rehabilitación”, asegura Táboas.
Sobre a política de aluguer, asegura que “non entendemos o dereito á vivenda como un dereito á propiedade exclusiva, senón máis ben como o dereito da cidadanía a ter un espazo onde vivir e facer realidade os seus proxectos, que pode ser en réxime de aluguer. É unha opción perfectamente lóxica e hai que fomentala, tendo en conta que as persoas cambian cada vez máis de residencia, sobre todo ao comezo das súas vidas. Nesa liña, o programa galego de Vivenda en aluguer, xunto co vasco, son referentes no Estado”.
Tamén destacou que “no novo Plano Galego de Solo Residencial se está a facer planificación en profundidade con criterios de país, en base á demanda real de vivenda a prezo limitado”. “As novas bolsas de solo van estar planificadas e construídas con criterios de altísima calidade; tanto nas vivendas como no referente á dotación de zonas verdes e equipamentos”, asegura Táboas.