VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que os orzamentos das súas concellerías manteñen un “crecemento sostible”, acorde co resto das áreas do BNG. Ademais, a edil nacionalista destacou a inclusión de dúas partidas, na Concellería de Xuventude e na de Igualdade, que teñen a finalidade de “subvencionar espazos de lecer educativo”.
“Nestes tempos de crise que afectan aos sectores máis desfavorecidos da sociedade, temos que facer un esforzo por atender ás demandas da cidadanía e manter a prestación de servizos”, explicou Iolanda Veloso, quen sinalou que neste sentido, os orzamentos destacan pola súa contención, de xeito que presentan un “crecemento equilibrado”, nos que se valora que partidas deben crecer. Ao respecto, a concelleira do BNG salientou que as Concellerías de Xuventude e Igualdade inclúen unha nova partida co obxectivo de subvencionar os espazos de lecer educativos, dotada con 36.000 euros en cada departamento, nun contexto de alta demanda dos servizos de ludotecas. “As asociacións que ofrecen este tipo de servizos terán a posibilidade de solicitar axudas, que poderán ser asumidas tanto por Igualdade como por Xuventude”, indicou.
Iolanda Veloso destacou que con esta iniciativa quérense ofrecer mecanismos que permitan “conciliar a vida laboral e familiar”. Así indicou que, en función dos gastos das ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, calcúlase que as dúas partidas servirán para subvencionar un total de seis ludotecas. Así mesmo a concelleira de Xuventude salientou que se manteñen as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia mellorando o seu servizo, así como o convenio coa asociación Hoy por mañana. Por outra banda, no tocante á Concellería de Xuventude, que conta cun orzamento total de 1.288.930 euros, Iolanda Veloso salientou que destinará un “investimento importante” para mellorar os locais de ensaio que xa existen e na preparación dun proxecto de creación de novas infraestruturas. “A de Xuventude é a área que máis medra, cun incremento cifrado no 17 por cento”, sinalou.
En canto a Igualdade, a edil do BNG explicou que un dos obxectivos da súa concellería radica en “seguir apostando pola sensibilización para superar as desigualdades na nosa sociedade”, así como prestar servizo ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Neste sentido indicou que aínda que Vigo é unha cidade “pioneira no país no traballo a prol da igualdade”, é preciso levar a cabo unha avaliación dos plans municipais desenvolvidos nos últimos anos que permitan elaborar un novo plan. Así, a concellería contará cunha partida de 75.000 euros para desenvolver un Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades e outra partida dotada con 90.000 euros para o Plan Municipal contra a Violencia de Xénero. Ademais, Vigo terá unha rede municipal de acollida destinada ás mulleres vítimas dos malos tratos integrada por un centro de emerxencia e tres pisos que a Consellería de Vivenda cedeu ao Concello vigués. En total, salientou Iolanda Veloso, o orzamento da Concellería de Igualdade ascende a 1.229.547 euros.
No tocante á Normalización Lingüística, Iolanda Veloso lembrou que o verdadeiro impulso produciuse no documento anterior, cando a concellería duplicou o seu orzamento, mentres que para o 2009 contará con 271.000 euros. “Queremos traballar para que as campañas sirvan realmente para sensibilizar á sociedade mediante a colaboración con outras entidades”, dixo a concelleira, quen indicou que xa se está a desenvolver un convenio coa Universidade de Vigo. Sinalou que tamén se está a levando a cabo unha campaña explicativa nos centros educativos sobre o decreto de normalización lingüística. “A campaña baséase na idea de que a educación plurilingüe enriquece e ofrece mellores oportunidades”, explicou a edil do BNG, ao tempo que salientou que no noso país “temos a sorte de ter unha lingua propia”, o cal debe ser visto como un “valor engadido”. Respecto a esta concellería indicou tamén que 70.000 euros destinaranse ao Consello Social da Lingua, no que están integrados todos os sectores da cidade, co obxectivo de “chegar a toda a cidadanía”.